John Fante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Fante, nado en Denver (Colorado) o 8 de abril de 1909 e finado en Woodland Hills (California) o 8 de maio de 1983, foi un escritor estadounidense.

Índice

Traxectoria [editar]

John Fante naceu nun ambiente relativamente pobre, nunha familia humilde. O seu pai, Nicola Fante, era italiano de nacemento, e a súa nai, Mary Capolungo, italo-americana. A súa educación tivo lugar en diversas escolas católicas de Boulder, Colorado, e tamén brevemente na Universidade de Colorado. En 1929 abandonou os estudios e trasladouse a California para centrarse na súa carreira como escritor. Instalouse en Wilmington, Long Beach, e logo no distrito de Bunker Hill, nos Ánxeles.

Despois de fracasar no seu intento de publicar numerosos relatos na revista The American Mercury, finalmente un deles, titulado "Altar Boy" ("Monaguillo"), foi aceptado, cunha única condición: que Fante pasase o manuscrito a máquina por si mesmo.

Obra [editar]

Son constantes nas súas obras a pobreza, o catolicismo en relación á comunidade italo-americana e a incomunicación na familia ou na parella.

Se ben se considera a Charles Bukowski como o máximo representante do "realismo sucio", este mesmo recoñeceu que en realidade se inspirara en John Fante, afirmando que este era o seu Deus. Nos últimos tempos, e grazas tamén a Bukowski, a obra de Fante foi reeditada e divulgada.

A etapa central da súa carreira como escritor está marcada polo que se coñece como a "Saga de Arturo Bandini", serie de catro novelas protagonizadas por un alter-ego, tamén italo-americano e tamén pobre, do propio Fante. A última delas, Soños de Bunker Hill, tívolla que ditar á súa esposa Joyce, debido ás complicacións (incluída a cegueira) causada pola súa avanzada diabetes.

Ademais de novelas, Fante tamén escribiu relatos, novelas cortas e guións de cine, entre os que destaca Walk on the Wild Side, que despois protagonizou Jane Fonda no seu primeiro papel acreditado, e que se baseaba nunha novela de Nelson Algren. O propio Fante recoñeceu que estes guións para o cine non eran máis que un modo de gañarse as lentellas, polo que carecen de interese literario.

O fillo de John Fante, Dan Fante, tamén é escritor, e adoptou algúns dos trazos do seu pai, como o de incluír personaxes protagonistas semiautobiográficas nas novelas.

Crítica e recepción da obra de John Fante [editar]

A maior parte das obras de Fante céntranse nas desventuras de personaxes perdedoras no medio dunha sociedade cruel. Os seus protagonistas acostuman ter moito que ver co autor: italo-americanos, católicos, pobres, perdidos na realidade menos glamurosa dos Ánxeles, acostuma tratarse de personaxes solitarias con problemas para comunicarse cos que os rodean (familia, amigos, parella), e con soños que case nunca chegan a materializarse. O seu estilo claro, cortante, con trazos de humor e de violencia, fai que as súas obras sexan fáciles de ler e de apreciar.

As súas novelas, que na súa época pasaron bastante desapercibidas, foron recuperadas bastantes anos máis tarde, cando Charles Bukowski invocou o nome de Fante como unha das súas influencias principais. Isto fixo que Pregúntalle ó po, probablemente a novela máis coñecida de Fante, se convertera nun grande éxito de vendas case cincuenta anos despois da súa publicación. Actualmente, Pregúntalle ó po (xunto coas demais novelas da tetraloxía de Bandini) está considerada como unha das mellores descricións da vida nos Ánxeles da década de 1930.

Referencias cinematográficas [editar]

En 1989 Dominique Deruddere dirixiu Wait Until Spring, Bandini. O reparto estaba configurado, entre outros, por Joe Mantegna, Ornella Muti, Faye Dunaway, ou Michael Bacall.

En 2001 Jan Louter dirixiu un documental sobre a súa vida, chamado A Sad Flower in the Sand.

En marzal de 2006, Paramount Pictures lanzou Pregúntalle ao vento, dirixida por Robert Towne e protagonizada por Colin Farrell, Salma Hayek, e Donald Sutherland.

Obras [editar]

Novelas da saga de Arturo Bandini [editar]

Outras novelas [editar]

Coleccións de relatos [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

libros de John Fante
Tetraloxía de Arturo Bandini
The Road to Los Angeles (1936) - Wait until Spring, Bandini (1937) - Ask the Dust (1939) - Dreams from Bunker Hill (1982)
Outras obras
Dago Red (1940) - Full of Life (1952) - The Brotherhood of the Grape (1977) - The Wine of Youth (1985) - 1933 was a bad year (1985) - West of Rome (1986) - The Big Hunger (2000)