Jules Verne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jules Gabriel Verne
Félix Nadar 1820-1910 portraits Jules Verne.jpg
Jules Verne fotografado por Félix Nadar
Datos persoais
Nacemento 8 de febreiro de 1828
Lugar Nantes Flag of France.svg Francia
Falecemento 24 de marzo de 1905
Lugar Amiens
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua francés
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros novela de ciencia ficción
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Firma de Julio Verne.svg
{{{web}}}

{{{notas}}}


Jules Gabriel Verne, tamén coñecido en galego como Xulio Verne,[1] nado en Nantes o 8 de febreiro de 1828 e falecido en Amiens o 24 de marzo de 1905, foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.

Biografía[editar | editar a fonte]

Verne naceu en Nantes no seo dunha familia burguesa, era o máis vello dos cinco fillos do matrimonio formado por Pierre Verne, avogado e Sophie. Viviu os seus primeiros anos nunha illa no río Loire, vivir nun sitio illado axudouno a desenvolver a súa imaxinación e manter unha forte relación co seu irmán máis novo, Paul. Aos nove anos, foi co seu irmán ao liceo de Nantes. Logo de rematar os seus estudos no liceo, Verne marchou a París para estudar dereito. Arredor de 1848 en colaboración con Michel Carre, comeza a escribir libretos para operetas. Durante algúns anos dedicouse a escribir obras para o teatro, sen moito éxito e só consegue estrear sete das vinte e catro que escribiu, e tamén escribiu historias de viaxes para a revista Musée des Familles, nos que narra extravagantes viaxes e aventuras nos que achega detalles científicos e xeográficos para darlle verosimilitude.

Cando o pai de Verne descubriu que o seu fillo dedicábase a escribir e non a estudar, deixou de enviarlle cartos, polo que se viu obrigado a vivir como corredor de bolsa, que odiaba, aínda que tivo un certo éxito na súa actividade. Nestes anos coñeceu a Alexandre Dumas e Victor Hugo, que lle deron algúns consellos de como escribir.

En 1857 casou con Honorine de Viane Morel, unha viúva con dúas fillas, e co seu apoio continuou a escribir, aínda que editores rexeitaron escrito tras escrito. En 1861 naceu o seu fillo Michel Jean Pierre Verne.

En 1863 a súa situación mellorou cando coñeceu a Pierre-Jules Hetzel, un dos máis importantes editores franceses do século XIX, coa axuda de Hetzel, Verne reescribiu a historia sobre unha exploración en globo en África e publicouno como Cinq semaines en ballon, modificando o ton pesimista cara outro caracterizado polo optimismo.

Verne converteuse en millonario e famoso. Antes de aparecer como libro as súas novelas apararecían por entregas na revista de Hetzel, Magazine d'Éducation et de Récréation. Entre as súas novelas máis coñecidas están Voyage au centre de la terre (1864), De la terre à la lune (1865), Vingt Mille Lieues sous les mers.

En 1886 recibe un disparo nunha perna do seu sobriño Gaston, o que o deixa semiinválido. En 1887 tras a morte de Hetzel, Verne comezou a escribir obras máis escuras. En 1888 saíu elixido concelleiro de Amiens por unha lista radical, permanecendo durante 15 anos no posto. Entusiasta do esperanto, en 1903 presidiu o grupo esperantista da súa cidade.

Obras[editar | editar a fonte]

Monumento a Verne de José Molares en Vigo, doado en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra.
Vinte mil leguas baixo dos mares.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Por exemplo, nos libros publicados por Baía Edicións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jules Verne
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Jules Verne