Saltar ao contido

Pavlos Nirvanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPavlos Nirvanas
Nome orixinal(el) Παύλος Νιρβάνας Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1866 Editar o valor en Wikidata
Mariupol, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte28 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Membro da Academia de Atenas
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, xornalismo e Asistencia sanitaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, xornalista, profesional da área da saúde Editar o valor en Wikidata
Membro de

Pavlos Nirvanas (grego: Παύλος Νιρβάνας), nado en Mariupol no 1866 e finado en Atenas o 29 de novembro do 1937, foi un escritor grego.[1] O seu nome de nacemento era Petros K. Apostolidis.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nirvanas naceu en Mariupol (Imperio Ruso, actual Ucraína).[1][2][3] O seu pai procedía de Skópelos, e a súa nai de Quíos.[2][4] Cando aínda era novo, a familia regresou a Grecia, asentándose no Pireo.[1] Estudou Medicina na Universidade de Atenas, completando os seus estudos no 1890.[1]

Logo, alistouse na mariña, chegando a ascender ao rango de oficial médico.[1][3][4] Abandonou o servizo no 1922.[1] Posteriormente, traballou como xornalista, baixo o pseudónimo de Kirios Asofos.[1][3] Foi membro da Academia de Atenas dende o 1928.[1][2] Faleceu o 29 de novembro do 1937 dunha pneumonía.[1][2]

Pavlos Nirvanas desenvolveuse en case todos os xéneros literarios: contos, dramas, poemas, ensaios, críticas, novelas, sátiras e, incluso, textos históricos. Tamén publicou traducións de Platón e Knut Hamsun.[1] O seu primeiro volume de poesía apareceu no 1884, co título Δάφναι εις την 25ην Μαρτίου 1821 (Dafnai eis tin 25in Martiou).[1][2]

  • Medalla das Artes e das Letras (1923).[1][2]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 "O crime de Psichiko – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2024-03-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Ο Παύλος Νιρβάνας και ο δρόμος με το όνομα του. Διαβάστε περισσότερα εδώ". parallaximag.gr (en grego). Consultado o 08-03/2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Pavlos Nirvanas". www.hellenica.de (en grego). Consultado o 2024-03-08. 
  4. 4,0 4,1 Pérez Mena, Raquel (2010). "De Petros Walhalla a Marabú: las múltiples identidades de Nicos Cavadías en su vida y obra" (PDF). Proceedings of the 4th European Congress of Modern Greek Studies (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]