Gustave Flaubert
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa literatura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Gustave Flaubert, nado en Rouen o 12 de decembro 1821 e finado en Canteleu (Croisset, Normandia) o 8 de maio de 1880, foi un escritor francés. O seu estilo podería identificarse entre o psicoloxismo de Stendhal e o naturalismo de Émile Zola.
Índice |
[editar] Traxectoria
Gustave Flaubert estudou o segundo grao no instituto de Rúan en Normandia. O máis notable da súa xuventude foi o encontro durante o verán do 1836 con Élisa Schlésinger. Toda a súa vida levou unha paixón que transcribiu na súa novela L'Éducation sentimentale. Empezou estudos de dereito pero sen rematalos, pois sufría de epilepsia. No 1848 presenciou a Revolución en París e dende maio dese mesmo ano ata setembro de 1849 viaxou co seu amigo Maxime Ducamp por Exipto, Xerusalén, Constantinopla e Italia.
[editar] Obra
- Madame Bovary (1857). Traducido ao galego por Antonio Pichel, publicado por Editorial Galaxia en 1994.
- Salammbô (1862)-
- L'Éducation sentimentale (1869) - ("A educación sentimental")
- La Tentation de saint Antoine (1874) - ("A tentación de santo Antonio")
- Trois contes: Un cœur simple, La Légende de Saint Julien l’Hospitalier, Hérodias (1877) - ("Tres contos: Un corazón simple; A lenda de san Xulián o hospedeiro; Herodías")
- Bouvard e Pécuchet (1881). Traducido ao galego por Ana María Galego, publicado por Editorial Toxosoutos en 2005.
- Lettres à la municipalité de Rouen (1872) - ("Cartas ó concello de Rouen")
- Le Candidat (1874) - ("O candidato")
- Le Château des cœurs (1880) - ("O castelo dos corazóns")
- Mémoires d’un fou (1838) - ("Memorias dun tolo")
- À bord de la Cange (1904) - ("A bordo do Cange")
- Par les champs et les grèves (1910) - ("Polas leiras e as folgas")
- Dictionnaire des idées reçues (1913) - ("Dicionario de ideas recibidas")
- Œuvres de jeunesse inédites (1910) - ("Obras de mocidade inéditas")
- Lettres inédites à Tourgueniev (1947) - ("Cartas inéditas a Turgeneiev")
- Lettres inédites à Raoul Duval (1950) - ("Cartas inéditas a Raoul Duval")
- Un coeur simple" (1876) - ("Un corazón simple")