Thomas Hardy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas Hardy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1840 Editar o valor em Wikidata
Dorchester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1928 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Dorchester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster
Stinsford (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College de Londres - sen valor (1865–1866)
Architectural Association School of Architecture (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , guionista , novelista , poeta Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela, poesía
MovementoNaturalismo, Literatura vitoriana
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Tess of the d'Urbervilles
Far from the Madding Crowd
Jude o escuro
Arquivos en
Familia
CónxuxeEmma Gifford (1874–1912)
Florence Dugdale (1914–1928)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0362762 IBDB: 10098
Musicbrainz: d4665aa6-efae-439d-b12d-86c81cd02898 Songkick: 383244 Discogs: 740620 IMSLP: Category:Hardy,_Thomas WikiTree: Hardy-1197 Find a Grave: 4112 Editar o valor em Wikidata


Thomas Hardy, nado en Stinsford o 2 de xuño de 1840 e finado en Dorchester o 11 de xaneiro de 1928, foi un poeta e novelista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thomas Hardy naceu en Higher Bockhampton ("Upper Bockhampton" na actualidade), unha aldea na parroquia de Stinsford no leste de Dorchester en Dorset. O seu pai Thomas traballaba como tallador de pedra e construtor local, a súa nai Jemima era unha muller culta que lle proporcionou lecturas ata que foi á escola en Bockhampton aos oito anos de idade. Logo continuou os seus estudos en Dorchester, onde aprendeu latín e demostrou o seu potencial académico.[1] Como a familia de Hardy carecía de medios para que o fillo fora a universidade rematou os seus estudos á idade de dezaseis anos, entrando como aprendiz de John Hicks, arquitecto e restaurador de Dochester.[2]. En 1859 compuxo Domicilium, o seu primeiro poema. En 1862 marchou a Londres como axudante dun arquitecto da capital e matriculouse no King's College. Consciente da división de clases e da súa inferioridade social, interesouse pola reforma social e estivo familiarizado coas obras de John Stuart Mill. Neste período o seu amigo Horace Moule deulle a coñecer os escritos de Charles Fourier e Auguste Comte. En 1867 volveu a Dochester para traballar de novo con Hicks e nese ano comezou a escribir a súa primeira novela, hoxe desaparecida, que tiña como título The Poor Man and the Lady. Despois da morte de Hicks trasladouse a Weymouth para traballar co seu sucesor, Crickmay. En 1870 durante unha estadía en Cornualla para restaurar unha igrexa coñeceu á que sería a súa dona, Emma Lavinia Gifford, casando en 1874.[3] En 1871 publicou de forma anónima a súa primeira novela, Desesperate Remedies que comezara a escribir dous anos antes. Seguíronlle Under the Greenwood Tree (1872), A Pair of Blue Eyes (1873) e Far from the Madding Crowd (1874), a primeira que tivo éxito e que lle permitiu deixar a arquitectura centrándose en escribir.

Obra[editar | editar a fonte]

Hardy foi un realista vitoriano, na tradición de George Eliot, mais tamén recibiu unha forte influencia nas súas poesías e nas súas novelas do Romanticismo, especialmente de William Wordsworth.[4] Charles Dickens foi outra grande influencia.[5] e coma el foi moi crítico con moito da sociedade vitoriana, aínda que Hardy focalizou máis a súa obra na decadente sociedade rural.

Aínda que Hardy escribiu poesía ao longo da súa vida e el considerábase a si mesmo principalmente un poeta, non publicou a súa primeira colección de poesía ata 1898 e na súa época gañou fama como autor de novelas como Far from the Madding Crowd (1874), The Mayor of Casterbridge (1886), Tess of the d'Urbervilles (1891) e Jude the Obscure (1895). Non obstante a partir da década de 1950 a súa poesía viuse recoñecida como unha gran figura poética, e exerceu unha influencia significativa no grupo de poetas coñecidos como The Movement, entre eles Phillip Larkin.[6]

Moitas das súas obras de ficción publicáronse por partes en revistas localizándose nunha rexión semificticia de Wessex, explorando a tráxica loita dos personaxes contra as súas paixóns e as circunstancias sociais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Claire Tomalin (2007) Thomas Hardy: the Time-torn Man Penguin, pp.30,36.
  2. Walsh, Lauren (2005) Introduction. The Return of the Native de Thomas Hardy. New York: Barnes & Noble Classics
  3. Hardy, Emma (1961) Some Recollections by Emma Hardy; with some relevant poems by Thomas Hardy; ed. by Evelyn Hardy & R. Gittings. London: Oxford University Press
  4. Dennis Taylor, "Hardy and Wordsworth". Victorian Poetry, vol.24, no.4, Winter, 1986.
  5. Gillian Beer (2009) Darwin's Plots. Cambridge: Cambridge University Press.
  6. Donald Davie (1973) Thomas Hardy and British Poetry. London: Routlefge and Kegan Paul, 1973.