Joris-Karl Huysmans
Charles Marie Georges Huysmans, coñecido como Joris-Karl Huysmans, nado en París en 1848 e finado na mesma cidade en 1907, foi un escritor francés. Os traballos de Huysmans expresan un desgusto pola vida moderna e un profundo pesimismo, que guiou ao autor primeiro ao filósofo Schopenhauer e logo aos ensinos da Igrexa Católica Romana
Índice |
Traxectoria [editar]
Descendente dunha longa liña de pintores flamengos, tivo unha mocidade dolorosa (a súa nai volveu casar cun home de negocios, protestante: Jules Og). Estudou leis e ingresou como funcionario do Ministerio do Interior. Publicou pola súa conta en 1874 un conxunto de poemas titulado Le Drageoir à épices. As súas primeiras obras, como Marta (1876) e As irmás Vatard (1879), estaban inspiradas polo naturalismo de Émile Zola. Acudía ás veladas do grupo de Médan, para o que colaborou cun conto: A mochila ao ombreiro no que fala sobre os seus recordos militares. O libro colectivo publicado: As veladas de Médan constitúe o Manifesto do Naturalismo. As súas obras están por entón (1881-1882), cheas de vidas sen brillo e dun eslamiado día a día e xa aparece o seu desgusto por un mundo moderno composto por bribóns e imbéciles.
En A contrafío (1884) novela que se converteu en modelo do decadentismo rompe claramente coa estética naturalista; as tendencias ao artificio do protagonista, o marqués Des Esseintes, son, no fondo impulsos cara a un ideal.
Sobre a novela Alá lonxe escribiu Luis Buñuel un guión con Jean-Claude Carrére que non chegou a filmarse.
Volveu ao seo do catolicismo en 1892; as súas novelas En ruta (1895) e A catedral (1898) están dedicadas a narrar a súa experiencia relixiosa.
Retirouse ao mosteiro dos Benedictinos en París e morreu o 12 de maio de 1907. Está enterrado no cemiterio de Montparnase en París.
Obras [editar]
- Le drageoir aux épices (1874)
- Marta (1877)
- En rade (1887)
- As irmáns Vatard (1879)
- En ménage (1881)
- Augas abaixo (1882)
- L'art moderne (1883)
- A contrafío (1884). Tamén editada co título Contra Natura
- Alá lonxe (1891)
- En ruta (1895)
- A catedral (1898)
- l'Oblat (1903)
- Les foules de Lourdes (1906)
- Trois Églises et trois Primitifs (1908)