O castelo dos Cárpatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O castelo dos Cárpatos
'The Carpathian Castle' by Léon Benett 33.jpg
Ilustración de Léon Benett, 1893
Título orixinal Le Château des Carpathes
Autor Jules Verne
Ilustrador Léon Benett e Édouard Riou
País Francia
Lingua Francés
Colección Narrativa
Xénero(s) Novela gótica, novela de terror
Editorial FranciaHetzel
GaliciaUrco editora
Data de pub. Francia 1892
Galicia2012
ISBN Galicia 978-84-938121-5-7
Tradutor Ana Iglesias Otero

O castelo dos Cárpatos é unha novela en lingua francesa de Jules Verne, publicada inicialmente co título de Le Château des Carpathes. Trátase dunha obra fantástica afastada da temática "científica" de Verne, e nela aprécianse algunhas trazos típicos das novelas de terror. Apareceu na revista periódica Magasin d'Education et de Récréation entre xaneiro de 1892 e decembro do mesmo ano. Esa mesma revista, publicada pola editorial Hetzel para a mocidade, e na que Verne publicou o resto das súas obras, editou a novela como un só volume en outubro, con ilustracións a cor de Léon Benett. Foi traducida ao galego por Ana Iglesias Otero, e publicada por Urco editora en 2012.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A novela transcorre en diversas poboacións de Transilvania, onde a xente do lugar dunha pequena e supersticiosa aldea queda aterrorizada cando reparan por medio dun anteollos no feito de que sae fume da cheminea dun castelo abandonado, o que fai pensar en presenzas diabólicas. Un gardamontes e mais un médico primeiro, e un conde valaco despois, aventuraranse a desentrañar o misterio, especialmente este último, posto que entre as ruínas do castelo se lle presentará a voz da súa amada morta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: O castelo dos Cárpatos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Michel Serres. Orphée en morceaux. in "Jouvences sur Jules Verne". Les Éditions de Minuit. 1974. Pages 251-269.
  • Jacques Neefs. Le Château des Carpathes et la question de la représentation. Jules Verne et les sciences humaines. Colloque de Cerisy. Union Générale d'éditions. 1979. Coll. 10/18. Pages 382-409.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]