Charles Bukowski

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bukowski (á esquerda) na súa casa de San Pedro en 1990, cos escritores Mary Ann Swissler e Mat Gleason.

Charles Bukowski, nado en Andernach, Alemaña, o 16 de agosto de 1920 e falecido en Los Angeles o 9 de marzo de 1994, foi un escritor e poeta estadounidense.

Índice

[editar] Traxectoria

Charles Bukowski foi fillo do militar estadounidense Henry Bukowski, e de Katherine Fett, unha muller de orixe alemá.

Tivo unha serie de problemas na adolescencia, xa que foi un alemán de pai estadounidense en plena efervescencia nazi en Europa, polo que en 1922 a familia trasladouse a Los Angeles, California. De novo tivo unha estraña erupción cutánea por todo o corpo que lle deixou marcas para toda a vida, mais porén, a marca que levou dentro foi máis forte: viviu unha terríbel infancia, sendo un neno golpeado polo seu pai. Todo isto, xunto coa crecente depresión económica de 1929 levárono a relacionarse de por vida ao alcohol.

Bukowski terminou a secundaria, mais tras ingresar en Xornalismo en L.A. City College, abandonou o curso en 1941. Mantívose economicamente grazas a unha serie de traballos temporais, que abandonou unha e outra vez cando gañaba o primeiro premio do hipódromo.

O seu primeiro relato, publicado en 1944, puido significar unha emerxente carreira de escritor, mais abandonou a literatura durante dez anos, sumerxido no alcoholismo.

Post Office (Carteiro), foi a súa primeira novela, publicada en 1971. O éxito da novela permitiulle abandonar o seu traballo na oficina de correos na que traballaba e que retratou cruamente no libro. Post Office é protagonizada por Henry Hank Chinaski, o seu alter ego e narrador máis fiel.

Bukowski foi considerado o último escritor maldito e a súa obra sempre se centrou nun estraño mundo pseudoautobiográfico centrado na súa propia vida como un perdedor alcohólico e/ou como un escritor de éxito alcohólico (segundo a época de ambientación, claro).

[editar] Bibliografía

Relacionado:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais