Iago Martínez
Iago Martínez Durán, nado en Vigo en 1979, é un xornalista, filólogo e crítico galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Na súa faceta de xornalista traballou ou segue traballando n' O Miñor, Atlántico Diario, na redacción viguesa do diario gratuíto 20 minutos, en Tempos Novos, no suplemento cultural Nós e mais no suplemento de libros ProTexta. Actualmente (2010) coordina o suplemento cultural de Xornal de Galicia, onde tamén se ocupa de información política, ás veces como columnista.
É coguionista e codirector da longametraxe documental sobre o poeta Lois Pereiro, en fase de montaxe, e colaborador da revista musical Rockdelux.
Por outra banda, estudou Filoloxía Galega na USC e está ligado á plataforma civil a prol da lingua galega ProLingua.
Obra [editar]
- Lois Pereiro. Vida e obra (2011)
Vida persoal [editar]
É sobriño do actor Antonio Durán, Morris.