Olive Schreiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olive Schreiner
Olive Schreiner.jpg
Datos persoais
Nacemento 24 de marzo de 1855
Lugar Provincia Oriental del Cabo (Suráfrica)
Falecemento 11 de decembro de 1920
Lugar Wynberg (Suráfrica)
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Lingua inglesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Novela
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Olive Schreiner, nada en Wesley o 24 de marzo de 1855 e finada en Wynberg o 11 de decembro de 1920, foi unha escritora, pacifista e política activista surafricana. O seu interese polos dereitos humanos, en especial polos da muller levouna a participar en numerosas mobilizacións a prol das garantías e igualdades económicas e sociais entre ambos os dous sexos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Olive foi a novena de doce fillos dun matrimonio de misioneiros, Gottlob Schreiner e Rebecca Lyndall. Naceu na estación da Sociedade Misioneira de Wesley (en inglés, Wesleyan Missionary Society), en Cabo do Leste, preto de Herschel, en Suráfrica. A súa nai inculcoulle unha ensinanza estrita baseada na autodisciplina, un sistema que ela mesma tivera que seguir e respectar na súa mocidade. O seu irmán maior, Fred, foi educado en Inglaterra e converteuse en director dun colexio en Eastbourne.

Cando Olive tiña seis anos, o seu pai foi transferido a Healdtown, na Provincia Oriental do Cabo, para facerse cargo do instituto de adestramento desa localidade. Porén, foi despedido por non actuar conforme ás políticas e regulacións misioneiras, e viuse obrigado a buscar outro emprego. Volveu fracasar e perdeu o traballo en menos dun ano, deixando a familia na pobreza.

En 1867, cando o seu irmán Theopilus foi nomeado director en Cradock, trasladouse a vivir con el e dous irmáns máis. Alí recibiu educación regulada por vez primeira, mais non era tan feliz como o fora en Wittebergen ou Healdtown. Os seus irmáns eran moi relixiosos, pero Olive rexeitara o cristianismo por parte dos seus pais como algo sen fundamento, e isto foi a causa das moitas discrepancias que mantivo coa súa familia.

Cando Theo e o seu irmán abandonaron Cradock polos campos de diamantes do oeste de Griqualand, Olive decidiu ser institutriz. Mentres traballaba en Barkly East, coñeceu a Willie Bertram, que compartía as súas ideas sobre a relixión e quen lle prestou un exemplar da obra do filósofo Herbert Spencer First Principles of a New System of Philosophy. Este texto tivo un forte impacto sobre ela, pois mentres Spencer arremetía contra os fanatismos e doutrinas relixiosas, tamén defendía a súa crenza no «Absoluto», algo que estaba máis alá do coñecemento e entendemento humano. Esta ideoloxía fundouse en base á unión entre natureza e un universo teolóxico, cada un dos cales Olive tomou para si mesma no seu intento por crear unha moral libre de relixións organizadas.

Tras este encontro Olive realizou numerosas viaxes, aceptando traballos como institutriz en varias familias e, nalgúns casos, acabou deixándoos por acoso sexual dos xefes. Nesta época coñeceu a Julius Gau, con quen mantivo unha relación durante pouco tempo, tralo cal decidiu volver coa súa familia, primeiro cos seus pais e despois cos irmáns. Foi entón cando comezou a desfrutar da lectura e a escribir en serio. A súa primeira obra, Undine, data desta fase.

Non obstante, a situación financeira dos seus irmáns comezou a verse afectada, e os diamantes eran cada vez máis difíciles de atopar. Olive tivo que retomar o seu antigo estilo de vida, desprazándose por varias vivendas e aldeas, até que en 1874 regresou por un breve período a casa dos seus pais. Foi entón cando sufriu o seu primeiro ataque de asma, doenza que a acompañou durante o resto da súa vida. A pesar diso, e debido a que os seus pais non gozaban dunha economía estable, volveuse ver obrigada a traballar para subministrarlles capital.

Durante os seguintes anos aceptou o posto de institutriz en numerosas granxas, a máis importante delas, a dos Fouché, serviulle de inspiración para algúns aspectos de The Story of an African Farm. Foi tamén un dos períodos máis produtivos a nivel literario, e desta época é a súa novela máis coñecida, que publicou co pseudónimo de Ralph Iron, así como unha pequena colección de historias e alegorías chamada Dream Life and Real Life.

Inglaterra e Europa[editar | editar a fonte]

As ambicións de Olive ían máis alá do eido literario. Sempre quixera ser médica, pero nunca dispuxo de cartos abondo como para estudar a carreira. Porén, optou por ser enfermeira. Cara a 1880 aforrara suficiente como para facer unha viaxe a Europa, e aceptou unha oferta no Hospital Real de Edimburgo, Escocia. En 1881 viaxou a Southampton, pero alí non puido levar a cabo o seu proxecto de ser médica practicante porque a súa fráxil saúde lle impediu seguir formándose e estudando. A partir de entón asumiu que a súa única meta na vida sería escribir. Así, seguiu tendo o propósito de curar os males da sociedade. Cando publicou Story of an African Farm en 1883, tivo un éxito inesperado pola forma en que trataba os temas do momento, desde o agnosticismo á situación das mulleres. Tamén foi a causa dunha das súas amizades máis importantes e duradeiras, pois o recoñecido sexólogo Havelock Ellis escribiulle sobre a súa novela. A súa relación pasou axiña de ser un debate intelectual a unha fonte de apoio á autora.

Coñecéronse persoalmente en 1884 nun encontro da Organización Progresiva, un grupo de libre pensadores co propósito de discutir perspectivas políticas e filosóficas. Este era un dos grupos de debate radicais aos que pertencía, que lle permitiu contactar con coñecidos socialistas do momento. Amais da Organización Progresiva, tamén acudía a encontros da Comunidade da Nova Orde (Fellowship of the New Order) e ao Club de Homes e Mulleres de Karl Pearson, onde foi persistente na importancia crítica da igualdade da muller e a necesidade de considerar os homes da mesma forma que as mulleres no momento de avaliar relacións entre os sexos.

Non obstante, as súas propias relacións a nivel persoal distaban de ser felices. Rexeitara unha proposición do seu doutor, Bryan Donkin, pero este mostrábase insistente na súa atracción por ela. Por outra banda, malia as súas reservas respecto a Karl Pearson e as intencións de ser a súa amiga, axiña se sentiu atraída por el, se ben a atracción non foi mutua, e este iniciou un romance con Elizabeth Cobb.

En 1886 deixou Inglaterra e trasladouse ao continente europeo nunha serie de viaxes nas que percorreu Suíza, Francia e Italia antes de regresar ao Reino Unido. Durante este tempo a súa produción literaria tivo o seu auxe con publicacións como From Man to Man e un grupo de alegorías. Traballou tamén nunha introdución á obra de Mary Wollstonecraft A Vindication of the Rights of Women.

Regreso a Suráfrica[editar | editar a fonte]

Olive Schreiner en Menton (Francia) en 1889.

Dada a situación en Inglaterra, optou por regresar ao seu país natal, fixando rumbo cara a Cidade do Cabo en 1889. O regreso a casa foi pouco agradable ao sentirse distanciada da xente da súa contorna, pero ao mesmo tempo experimentou unha grande afinidade pola terra. Nun intento por restablecer o vínculo co seu arredor, involucrouse aos poucos na política local e produciu unha serie de artigos sobre a terra e a súa xente, publicados de forma póstuma como Thoughts on South Africa.

A súa participación con políticos do Cabo levouna a coñecer a Cecil John Rhodes, de quen pronto se desilusionou e sobre quen escribiu a dura alegoría satírica Trooper Peter Halket of Mashonaland. Esta desilusión comezou co apoio deste último ao «strop bill» (literalmente «imposto ao coiro», taxa aplicada en función da etnia ou raza de cada persoa) que permitiu que serventes negros fosen azoutados por ofensas relativamente insignificantes.

A súa oposición ao «strop bill» levouna tamén a coñecer a Samuel Cronwright, un terratenente e político activo. Ambos os dous compartían a mesma ideoloxía respecto ao «tema ou cuestión dos nativos» e a Rhodes, unha das razóns polas que Olive axiña namorou del. No transcurso dunha breve visita a Inglaterra en 1893 comentou coas súas amizades a idea de casar, malia que vía o matrimonio como algo restritivo. Así que decidiu pór fin ás súas dúbidas e a parella casou un ano máis tarde, establecéndose nunha granxa de Cronwright.

Os seguintes anos foron difíciles e inestables para eles. A saúde de Olive empeoraba a cada instante e, como resultado, a parella tiña que cambiar de residencia con certa frecuencia. O seu primeiro e único fillo finou cun só día de vida. Esta perda viuse agravada polo feito de que o resto dos seus embarazos acabaron en aborto espontáneo. Porén, atopou consolo no traballo, e logrou publicar un panfleto xunto ao seu marido sobre a situación política en 1896, e o Trooper Peter Halket of Mashonaland, en alusión a Rhodes, o ano seguinte. Ambas as dúas publicacións apartárona da súa familia e, en consecuencia, pasou moito tempo en soidade durante esa etapa da súa vida.

En 1898 mudáronse a Johannesburgo por motivos de saúde. Tralas secuelas do atraco de Jameson, foron vistos como os heroes da causa republicana no marco dunha guerra inevitable entre os bóer e os británicos. Olive intentou persuadir aos oficiais surafricanos de evitar a toda costa unha guerra, e, tras fracasar no seu cometido, compuxo The South African Question by an English South African nun intento de expor ao público inglés a realidade da situación. Este último esforzo tamén foi inútil, pero Olive non se deu por vencida. Durante a guerra continuou defendendo os intereses dos bóer e avogou pola paz, como tamén fixo o seu irmán William Philip Schreiner, se ben foi ela quen sufría física e psicoloxicamente ao ver que todo o seu empeño era inútil. Non obstante, como medio de distracción, comezou a revisar o «libro do sexo» que comezara en Inglaterra como Woman and Labour, que representa a mellor expresión das súas preocupacións respecto ao socialismo e a igualdade entre os sexos.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Os últimos anos da súa vida víronse afectados pola mala saúde e o incremento da sensación de marxinación e illamento. Pero, a pesar de todo, seguiu contribuíndo en materia política e opinando sobre a nova constitución, especialmente a través do seu traballo Closer Union. Nesta polémica, fixo un chamamento a máis dereitos non só para a xente de raza negra senón tamén para as mulleres. Tamén formou parte da entón nova rama do Cabo da Liga de Emancipación das Mulleres, en 1907, converténdose na súa vicepresidenta. Porén, negouse a seguir apoiando as súas bases cando outras ramas da organización fixeron visible a súa intención de excluír as mulleres negras do sufraxio universal.

Cando Women and Labour foi finalmente publicado en 1911, Schreiner encontrábase xa moi enferma, e a súa asma viuse favorecida por ataques de anxina. Dous anos máis tarde viaxou, sen o seu marido, a Inglaterra para recibir mellor tratamento médico, tempo en que o país se encontraba nos últimos anos da Primeira Guerra Mundial. Durante a súa estancia en Londres demostrou o seu particular interese no pacifismo como única saída posible á crise e aos enfrontamentos bélicos que estaban manifestándose en boa parte de Europa. Estivo en contacto con Mahatma Gandhi e comezou un novo libro cuxa temática principal era a guerra, publicado e abreviado pouco despois co nome de The Dawn of Civilisation. Este foi o seu último traballo xa que, coa fin da guerra, regresou ao seu fogar no Cabo, onde faleceu mentres durmía nunha pensión.

Os seus restos foron sepultados en Kimberley e, trala morte do seu esposo o seu corpo foi exhumado. Olive Schreiner foi soterrada entón canda ao seu fillo e o seu marido, no monte de Buffelskop, na granxa coñecida como Buffelshoek, en Cradock.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Story of an African Farm (1883)
  • Dreams (1890)
  • Dream Life and Real Life (1893)
  • The Political Situation in Cape Colony (1895, con S.C. Cronwright-Schreiner)
  • Trooper Peter Halket of Mashonaland (1897)
  • An English South African Woman's View of the Situation (1899)
  • A Letter on the Jew (1906)
  • Closer Union: a Letter on South African Union and the Principles of Government (1909)
  • Woman and Labour (1911)
  • Thoughts on South Africa (1923)
  • Stories, Dreams and Allegories (1923)
  • From Man to Man (1926)
  • Undine (1929)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • S. C. Cronwright-Schreiner (1924): The Letters of Olive Schreiner
  • Carol Barash (1987): An Olive Schreiner Reader
  • Richard Rive (1988): Olive Schreiner Letters
  • Y. C. Draznin (1992): My Other Self: The Letters of Olive Schreiner and Havelock Ellis 1884-1920

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]