Óso temporal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Temporal.
Visión do óso temporal do cranio humano (no centro da imaxe)

O óso temporal e unha das pezas que forman o cranio. Trátase dun óso par xa que o atopamos en ámbalas dúas metades da cabeza e posúe un estrutura complexa formada por rexións morfoloxicamente distintas chamadas en conxunto “porcións” e que, no caso deste óso, reciben os seguintes nomes: escamosa, mastoide e timpánica (que se aprecian sobre todo na cara exocranial) e petrosa (que observamos na cara endocranial ou cerebral).

O temporal artéllase nos bordos superiores co óso parietal, no bordo posterior co occipital, no bordo de diante co esfenoide e pómulo, por dentro e fóra respectivamente, e coa mandíbula no bordo inferior.

Índice

[editar] Estrutura externa

Está formado por catro porcións:

  • Porción escamosa : o seu nome é debido a que ten forma de escama. Trátase dunha rexión cóncava e relativamente lisa que ocupa gran parte do óso e que se presenta na cara temporal (externa) e na interna o suco da arteria temporal media.
  • Porción petrosa (penedo): de forma triangular e rematada en vértice. Esta porción contén o oído interno e nela atopamos o conduto carótide e o conduto musculotubárico ademais do poro auditivo interno.
  • Porción mastoide: nesta parte existen unhas células mastoides que se atopan separadas do encéfalo por unha delgada capa de tecido óseo. Nela aparece a incisura mastoide, a apófise mastoides e o orificio mastoide.
  • Porción timpánica: nela atopamos o conduto auditivo externo e a espiña suprameática, ademais da fenda timpanomastoide que separa esta da porción mastoide.

[editar] Eminencias

No temporal existen unha serie de saíntes entre os que podemos destacar:

[editar] Fendas e incisuras

No temporal aparecen algunhas salientables:

[editar] Depresións

No temporal obsérvanse unha serie de orificios, condutos, fosas e depresións característicos:

[editar] Sucos

No temporal temos os seguintes sucos:

  • Suco da arteria temporal media
  • Suco do seo sigmoideo
  • Suco do seo petroso inferior
  • Suco dos nervios petrosos menores
  • Suco dos nervios petrosos maiores
  • Suco da arteria occipital

[editar] Funcións

Entre outras o óso temporal amosa dúas funcións:

  • Forma unha estrutura ríxida que protexe o cerebro dos posibles golpes.
  • Serve de estrutura ríxida para o asento das partes do oído.

[editar] Galería

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas