Lixosa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lixosa | |
|---|---|
Molécula de D-lixopiranosa. |
|
| Nome IUPAC | (2R,3R,4S)-2,3,4,5-Tetrahidroxipentanal |
| Outros nomes | L-Lixosa Lixopiranosa |
| Fórmula empírica | C5H10O5 |
| Masa molecular | 150,13 g/mol |
| Estado físico/Cor | |
| Número CAS | [1949-78-6] |
| Propiedades | |
| Densidade | |
| Punto de fusión | |
| Punto de ebulición | |
| Solubilidade en auga | |
A lixosa é un monosacárido de cinco carbonos (pentosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que é unha aldopentosa.
É un azucre pouco común na natureza. A lixosa pode encontrarse formando parte dos glicolípidos das paredes celulares dalgunhas especies de bacterias,[1] . O derivado da lixosa D-lixitol atópase no músculo cardíaco formando parte da lixoflavina [2] (composto similar á riboflavina pero con D-lixitol en vez de D-ribitol[3]).
Existen os isómeros D e L da lixosa, pero a lixosa é a única aldopentosa na que o enantiómero L é máis abundante na natureza ca o D. A D-lixosa é o epímero da D-xilosa e da D-arabinosa. A L-lixosa é epímera da D-ribosa.
Índice |
Notas [editar]
- ↑ Kay-Hooi Khoo et al., Chemistry of the Lyxose-Containing Mycobacteriophage Receptors of Mycobacterium phlei/Mycobacterium smegmatis, Biochemistry, 35 (36), 11812-11819, 1996. Abstract
- ↑ Definición.
- ↑ Lixoflavina
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||