Neomicina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neomicina. Nome IUPAC: 6-(4-dimetilamino-3-hidroxi-6-metil-oxan-2-il)oxi-14-etil-7,12,13-trihidroxi- 4-(5-hidroxi-4-metoxi-4,6-dimetil-oxan-2-il)oxi-3,5,7,9,11,13-hexametil- 1-oxaciclotetradecano-2,10-diona.
Estrutura química das neomicinas B e C.

A neomicina é un antibiótico bactericida da familia dos aminoglicósidos, que se obtén do Streptomyces fradiae[1]. Existen as neomicinas A, B e C, das cales a máis usada é a B. É hidrosoluble e máis activa a pH básico [2].

A neomicina foi descuberta en 1949 por Selman Abraham Waksman e o seu axudante Hubert Lechevalier na Universidade Rutgers [3].


Farmacocinética[editar | editar a fonte]

Adminístrase case sempre por vía tópica, xa que a absorción oral é moi mala, arredor dun 3-5% tan só. A unión a proteínas é baixa, pero moi variable, e sempre inferior ao 30%. A distribución é moi selectiva, cun alto grao de fixación ao tecido renal e oído. Tarda varios días en atinguir un estado de equilibrio das concentracións tisulares, que se mantén mesmo semanas despois da suspensión do tratamento. A excreción do fármaco absorbido é renal. O 97% do produto non absorbido elimínase polas feces inalterado.

Farmacodinámica[editar | editar a fonte]

Os ensaios in vitro demostraron que a neomicina é bactericida e actúa inhibindo a síntese de proteínas nas células bacterianas sensibles. É eficaz sobre todo contra bacilos gram-negativos, mais tamén ten algunha actividade contra organismos gram-positivos. A neomicina é activa in vitro contra Escherichia coli, Klebsiella e contra a flora anaeróbica intestinal. O seu modo de acción consiste na unión irreversible do antibiótico á subunidade 30S do ribosoma bacteriano. Non disminúe a súa eficacia en presenza de pus.

Interaccións[editar | editar a fonte]

  • O uso concorrente doutros neurotóxicos e nefrotóxicos (por exemplo, outros aminoglicósidos, polimixina) aumenta a posibilidade de que se presenten os efectos secundarios da neomicina.
  • Inhibe a absorción gastrointestinal da penicilina V, e da vitamina B12, metotrexato e 5-fluoruracilo.
  • A absorción gastrointestinal da digoxina tamén parece ser inhibida, polo que os niveis séricos de digoxina deben ser monitorizados.
  • Pode aumentar o efecto dos anticumarínicos.

Uso clínico[editar | editar a fonte]

Indicacións[editar | editar a fonte]

  • Por vía oral está indicada como parte do tratamento para a represión da flora bacteriana normal do intestino, por exemplo, para a preparación preoperatoria do intestino ou no tratamento adxuvante do coma hepático, para diminuír o amoniaco de orixe bacteriana intestinal e así mellorar o cadro neurolóxico.

Contraindicacións[editar | editar a fonte]

  • Hipersensibilidade (alerxia) á neomicina ou a outros antibióticos do grupo dos aminoglicósidos.
  • Obstrución intestinal.
  • Pacientes con inflamación gastrointestinal ou enfermidade ulcerosa, debido á posibilidade de aumentaren a absorción gastrointestinal de neomicina.
  • Como outros aminoglicósidos, debe utilizarse con precaución en pacientes con trastornos musculares como a miastenia gravis ou a enfermidade de Parkinson, xa que pode agravar a debilidade muscular debido ao seu potencial efecto similar ao do curare sobre a unión neuromuscular.
  • Embarazo e nais lactantes, agás en situacións moi especiais.

Reaccións adversas[editar | editar a fonte]

Presentacións[editar | editar a fonte]

Prodúcese en forma de sulfato de neomicina en suspensións orais, gotas e pomadas tópicas, óticas e oftalmolóxicas. A súa maior utilidade é para aplicacións locais en ollos, oídos, etc. Nalgúns casos utilízase por vía oral para tratar problemas entéricos.

  • Preséntase en comprimidos de 500 mg.

Entre os excipientes máis frecuentemente utilizados co sulfato de neomicina están:

Xene de resistencia en plásmidos para biotecnoloxía[editar | editar a fonte]

A resistencia á neomicina confírello ás bacterias un xene de entre dous posibles que codifican aminoglicósido fosfotransferases.[6] Un xene neo forma parte normalmente dos plásmidos utilizados polos biólogos moleculares para establecer liñas celulares de mamífero estables que expresen proteínas clonadas en cultivo; moitos plásmidos para a expresión de proteínas dispoñibles comercialmente conteñen o xene neo como un marcador para a selección. As células que non sufriron transfección (incorporación do plásmido) morren cando o cultivo foi tratado con neomicina ou un antibiótico similar. A neomicina ou a kanamicina pode utilizarse en procariotas para a selección, pero en eucariotas utilízase xeralmente a xeneticina (G418).

Unión da neomicina aos ácidos nucleicos[editar | editar a fonte]

A neomicina é un aminoglicósido, un grupo de substancias que teñen a capacidade de unirse a un dúplex de ARN con grande afinidade. Un estudo feito por Daniel Pilch et al. na Universidade de Rutgers determinou que a constante de asociación da neomicina co sitio A do ARN estaba no rango de ~109. Porén, máis de 50 anos despois do seu descubrimento, as súas propiedades de unión ao ADN aínda non se coñecían. En 2000, Dev P. Arya et al. da Universidade Clemson descubriron que a neomicina induce unha enorme estabilización térmica do tríplex de ADN pero ten pouco ou case ningún efecto sobre a estabilización dos dúplex de ADN. Os seus traballos demostraron que a neomicina se une a estruturas que adoptan a forma estrutural A, unha das cales é o tríplex de ADN, e que a neomicina mesmo induce a formación da forma tríplex híbrida ADN:ARN [7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Waksman, S.A. und Lechevalier, H.A. (1949): Neomycin, a New Antibiotic Active against Streptomycin-Resistant Bacteria, including Tuberculosis Organisms. In: Science. Bd. 109(2830), S. 305–307. PMID 17782716
  2. DrugBank
  3. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1952". Nobel Foundation. http://nobelprize.org/nobel_prizes/medicine/laureates/1952/waksman-bio.html. Consultado o 2008-10-29. 
  4. Medscape. Alerxia á neomicina(en inglés)
  5. Tatsuya Yamasoba MD, and Katsunori Tsukuda MD, Ototoxicity after use of neomycin eardrops is unrelated to A1555G point mutation in mitochondrial DNA" Journal of Laryngology & Otology (2004), 118:7:546-550
  6. "G418/neomycin-cross resistance?". http://www.bio.net/bionet/mm/methods/1999-March/073912.html. Consultado o 2008-10-19. 
  7. http://www.wiley-vch.de/publish/en/books/bySubjectCH00/ISBN0-471-74302-X/?sID=5vh8aprb95023mtg84ga23gih0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]