Dermatán sulfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sulfato de dermatán")
Dermatán sulfato.

O dermatán sulfato ou sulfato de dermatán é un heteropolisacárido pertencente ao grupo dos glicosaminoglicanos, que se atopa principalmente na pel, pero tamén nos vasos sanguíneos, válvulas cardíacas, tendóns, pulmóns e noutros tecidos[1].

Está formado por unha unidade disacárida repetida constituída por unha N-acetilgalactosamina sulfatada no carbono 4 e un ácido L-idurónico (substituído algunhas veces polo ácido glicurónico) [2], que están unidas por enlace O-glicosídico α-1,3. O ácido idurónico orixínase por epimerización do ácido glicurónico. Tamén se poden atopar na molécula restos de galactosa e xilosa. A molécula non está ramificada e está unida a proteínas formando proteoglicanos. Sintetízase no aparato de Golgi e excrétase fóra da célula.

Antes, o dermatán sulfato denominábase condroitín sulfato B, pero esta denominación xa case non se usa.

Función[editar | editar a fonte]

O dermatán sulfato pode intervir na coagulación sanguínea como anticoagulante [3], enfermidades cardiovasculares, carcinoxénese, infeccións, curación de feridas, e fibrose.[4]

Patoloxía[editar | editar a fonte]

O dermatán sulfato acumúlase anormalmente en varios dos trastornos chamados mucopolisacaridoses [5], como na enfermidade de Hurler, causada por un defecto no encima lisosómico alfa-L-iduronidase, e excreción urinaria excesiva de heparán sulfato e dermatán sulfato.

Un exceso de dermatán sulfato na válvula mitral da autrícula esquerda do corazón é característica da dexeneración mixomatosa das valvas da válvula, que orixina finalmente o prolapso da válvula mitral e insuficiencia cardíaca. Este prolapso crónico aparece principalmente en mulleres de máis de 60 anos, e pode predispoñer ao paciente a unha calcificación anular mitral.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]