Ruminante
| Ruminantes | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
| Familias | ||||||||||||||||
|
Os ruminantes son animais herbívoros. A vaca, ovella, cabra, búfalos e xirafas, entre outros, son animais ruminantes.
Índice |
Características [editar]
Os ruminantes teñen un sistema dixestivo que lle permite extraer enerxía das fibras vexetais grazas ás transformacións sofridas polo estómago, que consta de catro cavidades:
Retículo e rume [editar]
Son os dous primeiros preestómagos. Teñen unha elevada densidade de microorganismos (bacterias, protozoos e fungos). O intercambio continuado do retículo co rume leva a considerar ambos os estómagos de xeito unitario "retículo-rume".
O rume pode conter, no gando vacún adulto, de 100-120 kg de alimento en fermentación durante 20 a 48 horas, xa que o proceso de fermentación bacteriana é lento.
O retículo é unha zona de intercambio entre o rume e o terceiro estómago. Só se produce o paso ao seguinte estómago se as partículas que chegan ao retículo son de pequeno tamaño (<1-2 mm) ou son suficientemente densos (>1-2 g/ml).
Popularmente, o rume recibe os nomes de panza ou bandullo, e o retículo o de barrete.
Omaso [editar]
O terceiro preestómago ten capacidade para uns 10 kg. É un órgano pequeno con alta capacidade de absorción. Nel recíclase a auga e algúns minerais coma o sodio e o fósforo, que son devoltos ao rume mediante a saliva. Inda que este órgano non é esencial, permite a transición entre o rume e o abomaso, ámbolos dous con diferentes modos de dixestión.
A mucosa presenta unhas prolongacións laminares características cara ó interior do órgano, ás que se deben as denominacións populares de libro e cenfollas.
Abomaso [editar]
É o verdadeiro estómago, de mucosa glandular, similar ao dos animais non ruminantes. O seu funcionamento baséase na secreción de ácidos e gran cantidade de enzimas dixestivos. Ao abomaso chegan partículas non fermentadas de alimentos, algúns produtos finais da fermentación microbiana xunto cos microbios producidos no rume.
Popularmente recibe o nome de calleiro, pois del extráese o callo.