Sorbosa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sorbosa[1] | |
|---|---|
Molécula de sorbosa. |
|
| Nome químico | (3S,4R,5S)-1,3,4,5,6-Pentahidroxihexano-2-ona |
| Outros nomes | Sorbinosa L-xilo-hexulosa |
| Abreviatura | Sor |
| Fórmula química | C6H12O6 |
| Masa molecular | 180,156 g mol−1 |
| Densidade | 1,65 g/cm3 (15º C) |
| Número CAS | [87-79-6] |
A sorbosa é un monosacárido de seis carbonos (hexosa) cun grupo cetona no carbono 2 (cetosa), polo que pertence ao grupo das cetohexosas. O enantiómero L-sorbosa é o que aparece na natureza, o que é pouco frecuente entre os monosacáridos. É isómero da frutosa.
Cristalizado ten o aspecto dun azucre branco. soluble en auga. O seu poder edulcorante é similar ao da sacarosa. É un produto da fermentación bacteriana do sorbitol.
Utilízase na produción comercial de vitamina C (ácido ascórbico) por medio do microorganismo Ketogulonicigenium vulgare.[2]
Notas [editar]
- ↑ Merck Index, 12th Edition, 8874
- ↑ Teruhide SUGISAWA, Taro MIYAZAKI and Tatsuo HOSHINO. Microbial Production of L-Ascorbic Acid from D-Sorbitol, L-Sorbose, L-Gulose, and L-Sorbosone by Ketogulonicigenium vulgare DSM 4025. Bioscience, Biotechnology, and Biochemistry Vol. 69 (2005) , No. 3 pp.659-662 ISSN:1347-6947
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
