Tunicados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tunicados / Urocordados
(Tunicata vel Urochordata)

Rango fósil: cámbrico inferior - actualidade

A ascidia Halocynthia sp.
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Tunicata
Giribet et al., 2000

(= Urochordata)
Lamarck, 1816)

Clases

Os tunicados (Tunicata) ou urocordados (Urochordata) son un subfilo de animais encadrado dentro do filo dos cordados (Chordata), o mesmo do que forman parte os vertebrados (Vertebrta), á súa vez situados no clado (rama evolutiva) dos deuteróstomos.

Comprende case 2 800 especies,[1] todas elas mariñas, e con distinto tipo de mobilidade: hainas bentónicas, plantónicas, e solitarias ou coloniais.

Características[editar | editar a fonte]

  • Reciben o nome de tunicados porque a parede do corpo segrega unha túnica constituída por unha substancia celulósica chamada tunicina.
  • As larvas presentan a notocorda na rexión caudal.
  • O corpo está dividido en tórax e abdome (ás veces prolongado nun postabdome); no tórax localízase a función respiratoria consistente nunha cámara branquial ou farinxe.
  • O sistema dixestivo nace nunha boca que comunica coa farinxe que dispón dun número variábel de fendeduras branquiais onde se aloxa o endóstilo, constituído por un suco provisto de células ciliadas que segregan unha substancia mucilaxinosa.
Os nutrientes, aglutinados pola mucilaxe, son conducidos polo movemento duns flaxelos ao verdadeiro aparello dixestivo.

Ciclo vital[editar | editar a fonte]

Os urocordados son hermafroditas. A fecundación é habitualmente externa. Os gametos expúlsanse polo sifón exhalante. Ao completarse a fecundación fórmase un cigoto, que se converte nunha larva parecida a un cágado en canto á morfoloxía.

As larvas, que son nadadoras, están dotadas de cola con notocorda, de aí o nome de urocordados (das fomas latinas uro-, do grego ουρά ourá, "cola", e -chordata, do grego χορδή chordé, "corda"). Estas larvas nadadoras son de vida peláxica até que o alcanzar un determinado desenvolvemento e en resposta a un fototropismo negativo, descenden ao fondo.

Entón, a raíz dunha metamorfose retrógada, a cola desaparece por dixestión, perden a notocorda e sofren unha inversión de 180º que fai abrirse o sifón, reorganizarse a posición das gónadas e adoptar a vida adulta de forma bentónica no fondo do mar.

Algunhas especies son vivíparas (os embrións desenvólvense nunha cámara interna).

Biotipos[editar | editar a fonte]

Hai tres biotipos ou formas biolóxicas que coinciden coas tres clases en que se adoitaban clasificar antigamente (todas, menos as dos sorberáceos (Soberacea):

  • As ascidias, da clase dos ascidiáceos (Ascidiacea), son formas bentónicas (é dicir, que crecen sobre o fondo) solitarias ou coloniais, cunha cutícula feita de polisacáridos, un feito excepcional entre os animais. Expulsan auga polo sifón cando son irritadas. É sorprendente a concentración de vanadio e niobio no seu sangue.
  • As salpas, da clase dos taliáceos (Taliacea), son planctónicas (viven en suspensión), solitarias ou coloniais, neste último caso con moitos individuos crecendo aliñados sobre un eice común.
  • As apendicularias, da clase das apendicularias (Appendicularia), son formas peláxicas (de augas libres) solitarias, nadadoras, que conservan na idade adulta a simetría e polaridade típicas dos cordados.

Usos culinarios[editar | editar a fonte]

Algúns tipos de urocordados son consumidos como alimento. Exemplo diso é o piure (Pyura chilensis), das costas de Chile; Microcosmus sabatieri do mar Mediterráneo; Halocynthia roretzi das costas de Corea e o Xapón, ou Styela clava de Corea.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Taxononomía actualizada [2]

Clavelina moluccensis, un belo tunicado azul.
Colonia de tunicados da especie Botrylloides violaceus, cos tentáculos orais e os sifóns orais abertos visíbeis.
Pyura spinifera.

Filo Tunicata

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, Richard C. & Gary J. Brusca (2003): Invertebrates. 2ª ed. Sinauer Associates. ISBN 978-0-87893-097-5.
  • Zeng, L. & Swalla, B. J. (2005): "Molecular phylogeny of the protochordates: chordate evolution" Canadian Journal of Zoology 83:24-33.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]