Ramnosa
| Ramnosa[1] | |
|---|---|
Molécula de L-α-ramnosa. |
|
| Nome químico | (2R,3R,4R,5R,6S)-6-metiloxano-2,3,4,5-tetrol |
| Abreviatura | Ram |
| Fórmula química | C6H12O5 |
| Masa molecular | 164,16 g mol−1 |
| Punto de fusión | 91-93 °C (monohidratado) |
| Número CAS | [10485-94-6] |
A ramnosa é un monosacárido de seis átomos de carbono metilado. Pode clasificarse como unha desoxihexosa, porque é un desoxiazucre cun grupo OH de menos, tamén denominado 6-desoxi-L-manosa, ou pode clasificarse como unha metilpentosa, é dicir, unha pentosa cun grupo metilo ou CH3, que está situado no último carbono (en total ten seis carbonos).
O enantiómero que se encontra na natureza é a L-ramnosa (ou 6-desoxi-L-manosa), xa que a forma D é extremadamente rara, o que é pouco habitual nos monosacáridos. O seu nome provén das plantas do xénero Rhamnus das que se illou por primeira vez [2]. Tamén pode obterse da especie Toxicodendron vernix ou atoparse noutras plantas en forma de glicósido.
Diversas substancias biolóxicas conteñen ramnosa, como os polímeros de pectina, característicos das paredes celulares vexetais, e na parede de certos microorganismos, como as micobacterias, entre eles as causantes da tuberculose.[3]
Extractos de ramnosa das plantas do xénero Uncaria téñense utilizado para fabricar cremas antienrugas [4].
Notas [editar]
- ↑ Merck Index, 11th Edition, 8171.
- ↑ Definición
- ↑ "Chapter 35 - Pharmacology of the Bacterial Cell Wall". Principles of Pharmacology: The Pathophysiologic Basis of Drug Therapy. Golan, David E.. ISBN 0-7817-4678-7.
- ↑ "Chemical from tropical flower latest weapon against wrinkles". The Daily Telegraph. February 6, 2011. http://www.telegraph.co.uk/health/healthnews/8306768/Chemical-from-tropical-flower-latest-weapon-against-wrinkles.html. Consultado o January 7, 2011.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Utilización de L-ramnosa no estudo da adsorción irreversible do bacteriófago PL-1 á bacteria Lactobacillus casei Journal of General Virology.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||