Ribosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ribosa
Beta-D-Ribofuranose.svg
Molécula de β-D-Ribofuranosa.
Fórmula química C5H10O5
Masa molecular 150,13 g mol−1
Densidade 0,80 g cm−3
Número CAS D:[50-69-1]
L:[24259-59-4]

A ribosa é un monosacárido que ten cinco átomos de carbono (pentosa). Posúe o grupo funcional aldehido (-CHO) localizado sempre no carbono número 1, polo que forma parte do grupo das aldosas.

Non é unha molécula hidrolizable e a forma habitual na que aparece é a cíclica. Atópase nos alimentos, especialmente nas carnes vermellas, pero en cantidades moi pequenas; e nos ouriños, sobre 1mg/l.

É moi importante para os seres vivos porque forma parte de moléculas esenciais como o ATP, o NAD+ e o ácido ribonucleico.

A súa fórmula é C5H10O5

Fosforilación[editar | editar a fonte]

En bioloxía, a D-ribosa pode fosforilarse pola célula antes de ser empregada. A riboquinasa cataliza esta reacción convertendo a D-ribosa en D-ribosa-5-fosfato. Unha vez feita a conversión, a D-ribosa-5-fosfato queda dispoñible para a fabricación dos aminoácidos triptófano e histidina, ou para intervir na vía da pentosa fosfato.

Isomería[editar | editar a fonte]

A ribosa pode presentar diversa estruturas espaciais isoméricas.

Formas D e L da ribosa
  • As ribosas que teñen o grupo OH do carbono asimétrico máis afastado do grupo aldehido (carbono 4) cara a dereita dise que son da serie D, mentres que os que teñen o OH cara a esquerda dise que son da serie L.
  • As ribosas poden aparecer en forma lineal ou en forma cíclica. Dentro das formas cíclicas poden formar dous tipos de aneis.
  • Por outra banda, o xerarse a formas cíclicas, aparece nestes monosacáridos un novo carbono asimétrico que ven sendo aquel no que estaba o grupo aldehido que leva o nome de carbono anomérico dando lugar a dúas formas as chamadas forma α e β.

Segundo o dito anteriormente, podemos agrupar as distintos tipos de ribosa na táboa inferior e nela podése ver a súa abundancia en tanto por cento:


Isomería da D-Ribosa
Forma lineal Proxección de Haworth
D-Ribose Keilstrich.svg
<1%
Alpha-D-Ribofuranose.svg
α-D-Ribofuranosa
6,5%
Beta-D-Ribofuranose.svg
β-D-Ribofuranosa
13,5%
Alpha-D-Ribopyranose.svg
α-D-Ribopiranosa
21,5%
Beta-D-Ribopyranose.svg
β-D-Ribopiranosa
58,5%