Celobiosa
A Celobiosa (de fórmula C12H22O11) é un disacárido producido pola hidrólise parcial da celulosa, está composto por dous residuos de glicosa unidos por enlace O-glicosídico β(1→4).
Ten a mesma composición química que a maltosa, exceptuando que o residuo glicosídico do enlace está en configuración anomerica β, polo que o nome sistemático da celobiosa é β-D-glucopiranosil (1,4) D-glucopiranosa[1].
Ten propiedades redutoras e formas anoméricas, xa que unha das glicosas ten un carbono anomérico libre. É un azucre redutor.
A diferenza estrutural coa maltosa é bastante marcada. Os residuos glicosídicos na celobiosa están aproximadamente paralelos.
A celobiosa non pode ser hidrolizada polo home, pero si polas bacterias rendendo dúas moléculas de glicosa libres. A celobiosa ten 8 grupos OH libres, un enlace éter e dous hemiacetais, o que fai que poida formar pontes de hidróxeno.
O tratamento da celulosa con anhídrido acético e ácido sulfúrico orixina octoacetato de celobiosa, que non pode formar pontes de hidróxeno e é soluble en solventes orgánicos apolares.[2]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Chemical Thesaurus - Cellobiose (en inglés)
- (en inglés) Substance D-Cellobiose NCBI database
- (en inglés) COMPOUND: C00185 Cellobiose www.Genome.net
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||