Nuñomoral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nuñomoral
Situación xeográfica
País España España
Comunidade Autónoma Estremadura
Provincia Cáceres
Comarca Las Hurdes
Xeografía
Altitude 478 msnm
Superficie 94,78 km²
Poboación
Poboación 1.452
Densidade 14,89
Información
Código postal 10626
Alcalde Juan Carlos Sendín Sánchez (PP-EU)[1]
Páxina web

Nuñomoral é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes. O concello ten a súa capital na localidade homónima de Nuñomoral.

Historia[editar | editar a fonte]

Coa caída do Antigo Réxime a localidade, que igual que toda a comarca dependía de La Alberca, constitúese en concello, integrado en Estremadura, co nome de Nuño-Moral.

Turismo[editar | editar a fonte]

  • Fervenza chamada Chorro de la Miacera, en El Gasco.
  • Centro de Interpretación de la casa hurdana, en El Gasco.
  • Arquitectura tradicional de Aceitunilla.
  • Arquitectura tradicional de Fragosa.

Demografía[editar | editar a fonte]

Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.

Alquerías[editar | editar a fonte]

Nome oficial Pob. (2008) Nome tradicional en estremeño
Nuñomoral 309 -
Aceitunilla 99 -
Asegur 119 L’Asegul
Cerezal 139 El Cerezal
Fragosa 172 -
El Gasco 138 El Gascu
La Batuequilla 0 -
La Horcajada 0 -
Martilandrán 148 -
Rubiaco 94 El Rubiacu
Vegas de Coria 237 Vegas
Total 1.452

Infraestruturas e servizos[editar | editar a fonte]

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A principal estrada que cruza o concello é a CCV-55, que empata coa estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria, en Vegas de Coria.

Educación[editar | editar a fonte]

O municipio ten dúas escolas de primaria, en Nuñomoral e en Vegas de Coria.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]