Aceituna
Aceituna é un concello estremeño na provincia de Cáceres, España, que contaba no 2006 con 618 habitantes. Aceituna foi fundada no século XIII como aldea do Señorío de Galisteo e emancipouse como concello en 1837, cando o resto dos pobos do señorío.
Limita ao norte con Santa Cruz de Paniagua, polo sur con Montehermoso, polo oeste Pozuelo de Zarzón e polo oriente linda con Santibáñez el Bajo e Valdeobispo.
Todos os regatos de Aceituna van para ao río Alagón, que marca o límite dos termos municipais de Aceituna e Valdeobispo. Os arroios máis importante que pasan polo concello son os de Aceituna, Higaleja e Ribera del Bronco.
No sur do concello atópase o embalse de San Marcos, no arroio de Aceituna. Outro encoro é a presa de Valdeobispo, no seu límite con Valdeobispo.
No seu territorio encóntranse ademais varias lagoas, como a Lagoa Maruguero, a Lagoa Nueva, a Lagoa del Manzano, a Lagoa Chavarcón, a Lagoa Chica, a Lagoa de los Tejares, etc.
Demografía [editar]
| Evolución da poboación de: Aceituna desde 1787 ata 2006 | |||||||||||
| 1787 | 1827 | 1850 | 1920 | 1950 | 1981 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 |
| 344 | 350 | 603 | 602 | 772 | 803 | 701 | 657 | 663 | 645 | 632 | 618 |
Festas [editar]
- San Sebastián, 20, 21 e 22 de xaneiro.
- Santa Mariña (18 de xullo)
- Festa dos Quintos
- As Alborás