Casar de Palomero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casar de Palomero
Bandera de Casar de Palomero (Cáceres).svg Escudo de Casar de Palomero (Cáceres).svg
Situación xeográfica
País España España
Comunidade Autónoma Estremadura
Provincia Cáceres
Comarca Las Hurdes
Xeografía
Altitude 513 msnm
Superficie 37 km²
Poboación
Poboación 1.419
Densidade 38,35
Información
Código postal 10640
Alcalde Eduardo Béjar Martín (PSOE)
Páxina web http://www.casardepalomero.es/

Casar de Palomero é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, pertencendo historicamente á comarca de Tierra de Granadilla, aínda que hoxe intégrase na mesma mancomunidade que os concellos de Las Hurdes. O concello ten a súa capital na localidade homónima de Casar de Palomero.

Historia[editar | editar a fonte]

Coa caída do Antigo Réxime a localidade, constitúese en concello, incorporando a primeiros do século XX o núcleo de Rivera Oveja.

Nunha casa de Casar de Palomero pasou a noite Alfonso XIII na súa visita á comarca en 1922.

Turismo[editar | editar a fonte]

  • Barrios históricos (xudeu, musulmán e cristián) de Casar de Palomero.
  • Ermida da Cruz Bendita (1724).
  • Igrexa do Espírito Santo e igrexa da Inmaculada Concepción, do século XVIII.
  • Arquitectura tradicional de Las Hurdes en Azabal.
  • Museo da oliveira.

Demografía[editar | editar a fonte]

Como outros concellos da zona a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.

Alquerías[editar | editar a fonte]

Nome oficial Pob. (2008)
Casar de Palomero 800
Azabal 350
Rivera Oveja 100
Pedro-Muñoz 70

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]