Villamiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Villamiel

Villamiel é un concello da provincia de Cáceres, na comunidade autónoma de Estremadura. Ten 696 habitantes (2008). Sitúase a 115 km da capital da provincia Cáceres. Abarca unha superficie total de 73 km² que se sitúan a unha altura media de 744 metros sobre o nivel do mar.

Encadrado dentro da Serra de Gata, posúe un territorio municipal moi grande, con terreos labrados, terras para animais (porcos, ovellas, cabras e vacas), abundante riqueza en canto a verduras e froitas cultivadas, bo viñedo e abundantes pés de oliveira.