Casares de las Hurdes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casares de las Hurdes
Casaris {{}}
Escudo de Casares de las Hurdes.svg
Situación xeográfica
País España España
Comunidade Autónoma Estremadura
Provincia Cáceres
Comarca Las Hurdes
Xeografía
Altitude 1110 msnm
Superficie 20,75 km²
Poboación
Poboación 489
Densidade 23,57
Información
Código postal 10628
Alcalde Miguel Ángel Domínguez Duarte (PSOE)
Páxina web Páxina do concello

Casares de las Hurdes é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado na comarca de Las Hurdes, ao norte da provincia de Cáceres. A capital municipal está situada na localidade homónima.

Historia[editar | editar a fonte]

Casares de las Hurdes, antigamente coñecido como Los Casares, está poboado desde a Prehistoria, como se pode observar polos petróglifos de La Sepultura de la Mora en Huetre e La Mano de Niño en Casarrubia.[1]

O concello creouse entre 1842 e 1842, ao escindirse de Nuñomoral. En 1916, o Conde de Romanones cambiou o nome do concello polo nome actual.

O rei Afonso XIII visitou Las Hurdes en 1922 acompañado por Gregorio Marañón para coñecer a situación da comarca. O rei e os seus acompañantes aloxáronse en tendas militares preto de Casares de las Hurdes.

Turismo e cultura[editar | editar a fonte]

  • Igrexa parroquial do Santísimo Sacramento.
  • Arquitectura tradicional en Huetre.
  • Ponte en Casarrubia.
  • Petróglifos.
  • Rutas sendeiristas.
  • Mirador de Casares de las Hurdes.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Sagrado Corazón de María, en Robledo.
  • Cristo Bendito e Nosa Señora das Dores.
  • Virxe da Milagrosa, en Casarrubia.
  • Cristo Rei, en Huetre.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación do concello dende 1900 ata 2008:

Alquerías[editar | editar a fonte]

Como outros concellos da zona a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.

Nome oficial Pob. (2011)[2] Nombre tradicional en estremeño
Casares de las Hurdes 153 Casaris
Carabusino 63 Carabusinu
Casarrubia 46 Jurdi
Heras 33 Las Heras
Huetre 182 La Güetri
Robledo 53 Robréu
TOTAL 530

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia Ayuntamiento de Casares de las Hurdes
  2. Nomenclátor Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]