Trujillo, Cáceres
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Trujillo.
Trujillo é unha cidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Atópase nun estratéxico nó de comunicacións dentro da rexión. Está a 47 km de Cáceres pola A-58, a uns 60 quilómetros do Parque Nacional de Monfragüe, a uns 90 km de Plasencia e a uns 80 km de Guadalupe. Pola A-5 (Autovía do Suroeste) comunica con Badajoz a 149 km, con Mérida a 80 km, con Navalmoral de la Mata a 70 km e con Madrid, a tan só 250 km.
Demografía[editar]
A seguinte táboa mostra a evolución demográfica de Trujillo entre 1998 e 2008 segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística de España.
| Evolución demográfica de Trujillo | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | |||||||||
| 9.070 | 9.070 | 8.713 | 9.262 | 9.766 | 9.564 | 9.406 | 9.672 | 9.770 | 9.766 | 9.860 | |||||||||