Caminomorisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caminomorisco
Caminomoriscu (en estremeño)
Bandera de Caminomorisco.svg Escudo de Caminomorisco.svg
Cambroncino, vista desde el Barrio de Abajo.jpg
Alquería de Cambroncino
Situación xeográfica
País España España
Comunidade Autónoma Estremadura
Provincia Cáceres
Comarca Las Hurdes
Xeografía
Altitude 491 msnm
Superficie 147,6 km²
Poboación
Poboación 1.256
Densidade 11,2
Información
Código postal 10620
Alcalde Gervasio Martín Gómez (PSOE)[1]
Páxina web Ayuntamiento de Caminomorisco

Caminomorisco (en estremeño Caminomoriscu) é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes.

O concello ten a súa capital na localidade de Caminomorisco, chamada antigamente Las Calabazas.

Historia[editar | editar a fonte]

Estela de Arrocerezo.

O concello de Caminomorisco posúe numerosos restos épocas prehistóricas, sobre todo do Calcolítico e da Idade do Bronce. En varios lugares (Candelario, La Jareta, Madroñal, Romanzano, Escugoso...) apareceron restos líticos, como machados ou puntas de frecha. Tamén se atoparon fragmentos de cerámica e enterramentos. De gran interese son os ídolos-estelas atopados en Arrocerezo, Vamesto, Cugoso, Los Tesitos, La Coronita...

Quedan algunhas pegadas deixadas polos romanos, pero de menor importancia.

No século XIII, o lugar de Las Calabazas, xunto coa chamada "Dehesa de Jurde", pasa a depender de La Alberca, vila que hoxe pertence á provincia de Salamanca, por unha concesión que fixo a esta vila o infante D. Pedro, señor de Granada, hoxe Granadilla. Os habitantes da comarca preitearon e rebeláronse continuamente contra as ordenanzas de La Alberca, pero seguiron dependendo dela ata o século XIX.

Coa caída do Antigo Réxime a localidade constitúese en concello, integrado en Estremadura, co nome de Camino Morisco.[2]



Turismo[editar | editar a fonte]

  • Iglesia parroquial, baixo a advocación de San Xosé
  • A Casa da Cultura de Caminomorisco, de nova planta, construiuse segundo a arquitectura popular de Las Hurdes, utilizando os mesmos materiais, pedra e pizarra.
  • Existen rotas sendeiristas en diferentes áreas do concello.
  • Piscina natural no río Alavea.

Cultura[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

No concello de Caminomorisco celébranse as seguintes festas:

Demografía[editar | editar a fonte]

Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías. Existen dúas alquerías abandonadas, Arrocerezo (en estremeño Arrocerezu) e Arrofranco (en estremeño Arrofrancu).

Caminomorisco tiña censados en 1981 721 habitantes no núcleo principal, pasando a 757 en 2008.[3] A población total do municipio era de 1.256 habitantes en 2008.

Alquerías[editar | editar a fonte]

Nome oficial Pob. (2008) Nome tradicional en estremeño
Caminomorisco 757 Caminomoriscu
Arrolobos 126 Arrolobus
Cambrón 29 -
Cambroncino 209 Cambroncinu
Dehesilla 22 La Jesilla
Huerta 58 La Güerta
Riomalo de Abajo 55 Riomalu d’Abaju
TOTAL 1.256

Infraestruturas e servizos[editar | editar a fonte]

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Accédese ao municipio pola estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria e pola EX-369 a través do porto de Casar de Palomero.

Educación[editar | editar a fonte]

O municipio ten un Instituto de Ensino Secundario, o IES Gregorio Marañón.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]