Pinofranqueado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pinofranqueado é un concello estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. Sitúase na comarca de Las Hurdes, estando a capital a 449 metros sobre o nivel do mar. ten unha superficie de 148,9 km² e no ano 2008 tiña 1.686 habitantes, sendo o concello máis poboado de Las Hurdes.
Esta poboación da comarca das Hurdes está situada ao norte da provincia, na vertente sur da Pena de Francia ao final do val formado polo río Esperabán na súa confluencia co río de Los Ángeles, afluente do río Alagón xa no encoro de Gabriel e Galán na vertente atlántica, ao sur de Serra da Corredera e ao leste da Serra de Gata.
Demografía[editar]
Evolución da poboación do concello dende 1900 ata 2008:
