Zarza de Granadilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZarza de Granadilla
Imaxe

Localización
Mapa
 40°14′17″N 6°02′51″O / 40.238055555556, -6.0475Coordenadas: 40°14′17″N 6°02′51″O / 40.238055555556, -6.0475
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Cáceres Editar o valor em Wikidata
CapitalZarza de Granadilla Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.799 (2023) Editar o valor em Wikidata (13,43 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie134 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude399 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónRamón Nonato Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10710 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE10216 Editar o valor em Wikidata

Páxina webzarzadegranadilla.es Editar o valor em Wikidata

Zarza de Granadilla é un concello da Estremadura española, adscrito á provincia de Cáceres.

Ten integrada no seu termo municipal a vila de Granadilla (conxunto Histórico-Artístico) que quedou deshabitada coa construción do encoro de Gabriel y Galán.

Localización[editar | editar a fonte]

Está situada entre os vales do río Alagón e o río Ambroz (un afluente do primeiro).

Historia[editar | editar a fonte]

Ermida do Cristo.

Coa caída do Antigo Réxime a localidade constituíuse en concello na comunidade de Extremadura, entón coñecido como La Zarza. No censo de 1842 contaba con 1280 veciños.

No ano 1965 crece o termo do municipio porque incorpora unha parte non asolagada de Granadilla, incluíndo o núcleo de poboación.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa poboación vive maioritariamente da agricultura (40%) e da gandería (20%). No sector industrial e a construción empréganse o 15% da poboación, namentres que o 25% restante traballa no sector servizos.

A produción agrícola de secaño é de cereais e pastos, con mínimas zonas de oliveira. En canto ao regadío, o tabaco e o pemento (condimento) a partes iguais son os cultivos maioritarios.

Festas[editar | editar a fonte]

Piscina Municipal.
  • Tradicionalmente, o primeiro domingo do mes de maio festéxase a Romaría da Virxe de Fátima entre o corgo da Argamasa e o rego do Forno.
  • O primeiro domingo do mes de xullo, festéxase a procesión de San Cristóbal.
  • A festa do patrón da localidade é San Ramón Nonato, a 31 de agosto.

Servizos[editar | editar a fonte]

O concello está dotado de piscina municipal e un instituto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]