Thimphu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thimphu
Situación xeográfica
Bhutan CIA WFB 2010 map.png
Estado: Flag of Bhutan.svg Bután
Distrito: Distrito de Thimphu
Xeografía
Altitude: 2.300 msnm
Poboación
Poboación total: 79.185 hab. (2006)
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web: www.tcc.gov.bt
Thimphu vista desde o sur

Thimphu, ou tamén Timbu, é a capital de Bután. Situada nun alto val do oeste do país, a 2.350 m.s.n.m., con 98.676 habitantes (2005) é a maior cidade do pequeno estado. É tamén a capital do distrito que leva o seu nome. A parte de ser a residenzia do goberno e do monarca, é tamén a sede estival do Je Khenpo, a autoridade relixiosa do país.

A urbanización da localidade comezou en 195, cando Thimphu foi proclamada capital nacional, substituínda á anterior capital, Punakha.

Índice

Características xerais [editar]

A cidade esténdese polos outeiros occidentais do val do río Wang Chhu, con o barrio gubernamental centrado arredor de Tashichoedzong, unha fortaleza do século XIII. Está rodeada de fragas que lle outorgan un aspecto de cidade verde. A rápida expansión subseguinte ao éxodo rural levou a remodelar o centro urbano, mentres, por outra banda, proliferaron os arrabaldes en torno.

Norzim Lam, é a arteria principal, arranxada hai pouco, e está bordeada de tendas, restaurantes, comercios de venta ao por menor, acompañados de arquerías soportais e edificios públicos. Outramente, hai unha mestura de edificacións, con casas e almacéns de tipo familiar, aínda que as ordenanzas fixan que toas as construcións deben estar deseñadas no estilo tradicional, con pinturas e motivos decorativos budistas. No fin de semana, un mercado que ten lugar preto do río, fornece de carne e legumes, xunto con artigos turísticos.

A maioría das industrias lixeiras da cidade están localizadas ao sur da ponte principal. Thimphou ten un número crecente de comercios e de oficinas de negocios que satisfacen cada vez máis as necesidades locais. A celebración en 2008 do centenario da monarquía constitucional, acelerou as obras de construción en Thimphou.

Praza da Torre do Reloxo, en Norzin Lam, Thimphu

Transporte público [editar]

Thimphou goza dun servizo de buses urbanos que funciona todo o día. Está planificada a construción dun tramvía que pasará polas proximidades das beiras do río Wang Chhu, de modo que sexa eficaz e respeitoso con o contorno ambiental.

O seu aeroporto está situado ao suroeste da cidade, a 6 km de Paro.

Notas [editar]


Ligazóns externas [editar]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: