Ngultrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ngultrum
Ngultrumdzong.svg (Dzongkha)
Código: BTN
Ámbito: Flag of Bhutan.svg Bután
Símbolo: Nu.
Fracción: 100 chhertum
Moedas: 20, 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum
Billetes: 1, 5, 10, 20, 50, 100, 500, e 1000 ngultrum[1]
Emisor: Autoridade Monetaria Real
Taxa de troco:
3-04-2010
1 EUR = 60,628 BTN
1 USD = 44,895 BTN
Troco actual

O ngultrum (código BTN) (en dzongkha: དངུལ་ཀྲམ) é a moeda oficial de Bután dende 1974. Divídese en 100 chhertum.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1974, o ngultrum foi introducido substituíndo á rupia butanesa á par. O ngultrum ten a paridade fixada coa rupia india.

India asiste ao goberno butanés dende a década de 1960 no desenvolvemento económico do país. O ngultrum non se troca independentemente con outras moedas, mais é intercambiable coa rupia india.

Moedas[editar | editar a fonte]

En 1974 introducíronse as moedas de aluminio de 5 e 10 chetrum, as de aluminio-bronce de 20 chetrums e cuproníquel de 25 chetrums e 1 ngultrum. A moeda de 5 chetrum foi cadrada e a de 10 chetrum ondulada. En 1979 introduciuse unha nova serie de 5 e 10 chhertum en bronce, e 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum en cuproníquel. Tamén se acuñaron moedas de 25 chhertum en bronce-aluminio. As moedas de 5 e 10 chhertum hai tempo que deixaron de circular.

Billetes[editar | editar a fonte]

En 1974 foron introducidos os billetes de 1, 5 e 10 ngultrum polo Goberno Real, seguidos dos billetes 100 ngultrums en 1978 e 2, 20 e 50 ngultrums en 1981. A Autoridade Monetaria Real de Bután asumiu as competencias de emisión de billetes en 1986. En 2006, a Autoridade Monetaria introduciu unha nova serie de billetes, incluíndo o de 1 ngultrum.[2]

Previous series [1]
Imaxe Valor Dimensións Cor Descrición
Anverso Reverso Anverso Reverso Marca de auga
Nu.1 Azul Escudo de armas, dous dragóns Simtokha Dzong "Royal Monetary Authority" nas marxes superior e inferior.
Ngultrum1.jpg Nu.5 130 × 62 mm Laranxa Escudo de armas, dous paxaros mitolóxicos (Bja Tshering, o paxaro da longa vida) Paro Rinpung Dzong
10 Ngultrum Vorderseite.jpg 10 Ngultrum Rückseite.jpg Nu.10 140 × 70 mm Violeta Escudo de armas, Dungkar (cuncha) (un dos oito símbolos da boa sorte), Jigme Singye Wangchuck
20 Ngultrum Vorderseite.jpg 20 Ngultrum Rückseite.jpg Nu.20 152 × 70 mm Amarelo e verde Escudo de armas, Khorlo (roda de arma, un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Dorji Wangchuck Punakha Dzong
50 Ngultrum Vorderseite.jpg 50 Ngultrum Rückseite.jpg Nu.50 155 × 70 mm Pink Trongsa Dzong, dous paxaros mitolóxicos Bja Tshering (paxaro da longa vida)
100 Ngultrum Vorderseite.jpg 100 Ngultrum Rückseite.jpg Nu.100 161 × 70 mm Green Norbu Rimpochhe (un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Singye Wangchuck Tashichho Dzong Crossed Dorji (Dorji jardrum)
Nu.500 160 × 70 mm Red Norbu Rimpochhe rodeado por dous dragóns (un dos sete símbolos de auspicios), Ugyen Wangchuck Punakha Dzong

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]