Andrew Bogut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrew Bogut
Andrew Bogut with the ball.jpg
Golden State Warriors – No. 12
Pivote
Información persoal
Nacemento 28 de novembro de 1984 (30 anos)
Flag of Victoria (Australia).svg Melbourne, Victoria
Nacionalidade Australia Australia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Universidade Utah
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 1

Escollido por Milwaukee Bucks

Carreira dende 2005
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2005–2012)
Golden State Warriors (2012-presente)
Información en nba.com

Andrew Michael Bogut, nado o 28 de novembro de 1984 en Melbourne, Victoria, é un xogador de baloncesto australiano, que na actualidade milita nas filas dos Golden State Warriors, da National Basketball Association (NBA). É fillo de croatas emigrantes a Australia. Mide 2,13 metros e xoga de pivote.

Carreira[editar | editar a fonte]

Os seus comezos en Australia[editar | editar a fonte]

Con 15 anos de idade, foi cortado da selección junior do Estado de Victoria, e esa amarga experiencia fíxolle tentar mellorar. Asistiu ao "Instituto Australiano de Deportes", un centro de alto rendemento para deportistas novos do seu país, e no seu último ano alí fixo 29 puntos e 14,5 rebotes, sendo convocado pola súa selección para disputar o Campionato do Mundo Junior de 2003, onde conseguiron a medalla de ouro, sendo nomeado mellor xogador do torneo.

Universidade[editar | editar a fonte]

Xa en Estados Unidos, acudiu á Universidade de Utah, onde na tempada do seu debut, 2003-2004, fixo case un dobre-dobre, acabando con 12,5 puntos e 9,9 rebotes por partido. Foi nomeado novato do ano da súa conferencia, a Mountain West Conference. Ese verán acudiu coa selección australiana aos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, onde fixo 14,8 puntos, 8,8 rebotes e 1,2 tapóns.

Despois dunha sólida aínda que pouco espectacular tempada de novato, no seu segundo ano despuntou: fixo 20,4 puntos, 12,2 rebotes (2º na División I da NCAA), 2,3 asistencias, e 1,8 tapóns, anotando un 62% de tiros de campo (8º na División I). Tamén liderou a liga en dobres-dobres, con 26. Ao acabar a tempada fóronlle concedidos diversos premios, entre eles o Naismith College Player of the Year e o John R. Wooden Award, sendo o primeiro xogador non norteamericano en conseguir ambos os trofeos.

NBA[editar | editar a fonte]

Non foi ningunha sorpresa que Bogut fixésese co número 1 do Draft da NBA de 2005, sendo elixido por Milwaukee Bucks. O seu primeiro ano entre os profesionais non foi fácil, aínda que acabou facendo 9,4 puntos e 7 rebotes por partido, que lle fixeron ser elixido no mellor quinteto de rookies do ano. Na súa segunda tempada consolidouse no seu xogo, subindo os seus números até os 12,3 puntos e 8,8 rebotes por partido. Na tempada 2007-08 as estatísticas melloraron até os 14.3 puntos, 9,8 rebotes, 1,7 tapóns, 0,8 roubos e 34,9 minutos por encontro. O seu punto negro desta tempada foi un xesto obsceno que dedicou a un espectador en casa dos Toronto Raptors, o cal lle custou unha sanción de 25.000 dólares. O 3 de abril de 2010, durante un encontro contra os Phoenix Suns en Milwaukee, Bogut sufriu un importante dano ao facerse una luxación no cóbado dereito, rotura da man dereita e unha escordadura de boneca despois de caer ao chan logo dun mate.[1] Probablemente perderase o resto de la temporada. Durante esta tempada 2009-2010 Bogut despuntara facendo 15,9 puntos , 10,3 rebotes e 2,6 tapóns por partido.

O 13 de marzo de 2012, foi traspasado aos Golden State Warriors xunto a Stephen Jackson a cambio de Monta Ellis, Kwame Brown e Ekpe Udoh.[2]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • É fillo de Michael e Anne Bogut, ambos de orixe croata.
  • Normalmente xanta pasta e arroz antes dos partidos.
  • Di ser "moi sarcástico".
  • Gustaríalle ter coñecido a Dražen Petrović.
  • Ten dous husky siberianos.
  • Gústanlle o fútbol e o tenis.
  • Su familia y su entrenador Sinisa Markovic son sus grandes influencias.
  • As súas cidades NBA favoritas son Salt Lake City, Phoenix e Toronto.
  • Se tivese que deseñar un uniforme da NBA, os colores que elixiría serían o azul e o branco.
  • No seu tempo libre gústalle escoitar música, navegar pola rede, ver DVD, xogar ás cartas ou ir a un café.
  • Encántalle tomar parte dos eventos comunitarios dos Bucks, como campamentos para nenos ou eventos para atletas con discapacidade.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]