Ike Diogu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ike Diogu
Sichuan Blue Whales  – No. 6
Información persoal
Nacemento 11 de setembro de 1983 (40 anos)
Buffalo, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos / Nixeria
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 116 kg (255 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
Instituto Garland, Texas
Universidade Arizona State
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Golden State Warriors
Carreira 2005−presente
Historial de equipos
Golden State Warriors (2005–07)
Indiana Pacers (2007–08)
Portland Trail Blazers (2008–09)
Sacramento Kings (2009)
New Orleans Hornets (2009)
Los Angeles Clippers (2010-2011)
San Antonio Spurs (2012)
Xinjiang Flying Tigers (2012)
Capitanes de Arecibo (2012)
Guangdong Southern Tigers (2012−2013)
Leones de Ponce (2013)
Bakersfield Jam (2013−2014)
Leones de Ponce (2014)
Dongguan Leopards (2014−2015)
Guangdong Southern Tigers (2015−2016)
Jiangsu Monkey King (2016−2017)
Sichuan Blue Whales (2018−presente)

Ikechukwu Somtochukwu Diogu, máis coñecido coma Ike Diogu, nado o 11 de setembro de 1983 en Buffalo, Nova York, é un xogador americano, de pais nixerianos, de baloncesto profesional. Actualmente xoga para os Sichuan Blue Whales da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Golden State Warriors[editar | editar a fonte]

Diogu foi seleccionado na 9ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Golden State Warriors. O 23 de decembro de 2005, conseguiu a maior anotación na súa carreira, ao conseguir 27 puntos, en 13 de 15 tiros, pasando a súa anterior marca de 12 puntos.[1]

Indiana Pacers[editar | editar a fonte]

O 17 de xaneiro de 2007, Diogu, a quen Larry Bird chamou a "xema" do traspaso, foi traspasado aos Indiana Pacers xunto con Mike Dunleavy, Jr., Troy Murphy, e Keith McLeod a cambio de Stephen Jackson, Al Harrington, Šarūnas Jasikevičius e Josh Powell.[2]

Portland Trail Blazers[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2008, a noite do Draft da NBA de 2008, Diogu foi traspasado por Indiana aos Portland Trail Blazers xunto cos dereitos de Jerryd Bayless a cambio de Jarrett Jack, Josh McRoberts e os dereitos do draft de Brandon Rush.

Sacramento Kings[editar | editar a fonte]

Diogu foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Michael Ruffin dos Chicago Bulls o 18 de febreiro de 2009.[3]

New Orleans Hornets[editar | editar a fonte]

Diogu asinou cos New Orleans Hornets o 29 de xullo de 2009, pero non xogou ningún partido para o equipo.

Detroit Pistons[editar | editar a fonte]

Asinou cos Detroit Pistons o 27 de setembro de 2010, converténdose en membro do equipo na pretempada. O 20 de outubro de 2010, Diogu foi cortado polos Pistons.

Los Angeles Clippers[editar | editar a fonte]

Os Los Angeles Clippers contrataron a Diogu coma axente libre o 22 de decembro de 2010.[4] O 8 de febreiro de 2011, Diogu anotou 18 puntos, a súa mellor marca da tempada, contra os Orlando Magic.

San Antonio Spurs[editar | editar a fonte]

O 3 de xaneiro de 2012, asinou cos San Antonio Spurs.[5] O 11 de xaneiro, foi despedido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pistons remain hot with 12-point win over Golden State
  2. "Pacers, Warriors announce 8-player deal". Associated Press. 2007-01-17. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2008. Consultado o 2007-12-23. 
  3. Blazers get Ruffin from Bulls, send Diogu to Kings
  4. "CLIPPERS SIGN FREE AGENT FORWARD IKE DIOGU". NBA.com. 2010-12-22. Consultado o 2010-12-24. 
  5. Spurs Sign Ike Diogu

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]