Jarrett Jack
| Golden State Warriors – No. -- | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de outubro de 1983 (29 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 89 kg (197 lb) |
| Instituto | DeMatha Catholic High School (Hyattsville, Maryland) Mt. Zion Christian Academy (Durham, North Carolina) St. Vincent Pallotti High School (Laurel, Maryland) Worcester Academy (Worcester, Massachusetts) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Georgia Tech |
| NBA Draft | 2005 / Rolda: 1 / Elección: 22
Escollido por Denver Nuggets |
| Carreira | dende 2005 |
| Historial de equipos | |
| Portland Trail Blazers (2005–08) Indiana Pacers (2008–09) Toronto Raptors (2009–2010) New Orleans Hornets (2010-2012) Golden State Warriors (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Jarrett Matthew Jack, nado o 28 de outubro de 1983 en Fort Washington, Maryland, é un xogador americano de baloncesto profeional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Universidade [editar]
Despois do instituto, Jack foi e xogou con Georgia Tech en Atlanta, Xeorxia.[1] No seu ano coma sophomore (2003-04) axudou a Georgia Tech a chegar ás Finais da NCAA con 12.5 puntos e 5.1 asistencias por partido. No seu último ano acadou 15.5 puntos, 4.8 rebotes e 4.5 asistencias.
NBA [editar]
Despois do seu ano coma junior en Georgia Tech, optou por entrar no Draft da NBA de 2005, onde foi seleccionado polos Denver Nuggets na 22ª posición. A noite do draft, Jack foi traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de Linas Kleiza (27ª elección) e Ricky Sánchez (35ª elección).
Coma rookie en 2005-06, Jack estaba por detrás de Steve Blake e de Sebastian Telfair, o que fixo que tivera moi poucos minutos. Blake foi traspasado aos Milwaukee Bucks e Telfair aos Boston Celtics nun traspaso entre varios equipos durante o verán de 2006. Coa súa ausencia, Jack colleu o posto de base titular co adestrador Nate McMillan na tempada 2006-07, incrementando esaxeradamente as súas medias. Coa volta de Steve Blake na tempada 2007-08, Jack voltou outra vez ao rol de sexto home.
O 9 de xullo de 2008, Jack foi traspasado aos Indiana Pacers xunto con Josh McRoberts e a elección do draft Brandon Rush, a cambio de Ike Diogu e Jerryd Bayless.[2]
O 13 de xullo de 2009, Jack asinou un contrato por 4 anos cun valor de 20 millóns de dólares cos Toronto Raptors.[3] Os Pacers tiñan sete días para igualar a oferta, pero decidiron non facelo.
O 20 de novembro de 2010, Jack foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto con Marcus Banks e David Andersen, a cambio de Peja Stojaković e Jerryd Bayless.[4]
O 11 de xullo de 2012, foi traspasado ós Golden State Warriors nun traspaso entre tres equipos, incluíndo os Philadelphia 76ers, quenes recibiron a Dorell Wright de Golden State.[5]
Notas [editar]
- ↑ "All ACC Faces in the Crowd: Jarrett Jack". The Technique. 2004-09-03. Arquivado do orixinal o 2007-09-29. http://web.archive.org/web/20070929132254/http://nique.net/issues/2004-09-03/sports/6. Consultado o 2007-05-17.
- ↑ "Pacers announce two trades; acquire seven players". NBA.com. 2008-07-09. http://www.nba.com/pacers/news/pacers_trades_release_080709.html. Consultado o 2009-07-13.
- ↑ "Raptors Sign Jack To Offer Sheet". NBA.com. 2009-07-13. http://www.nba.com/raptors/news/jack_offersheet_071309.html. Consultado o 2009-07-14.
- ↑ "HORNETS ACQUIRE JACK, ANDERSON AND BANKS FROM RAPTORS". NBA.com. 2010-11-20. http://www.nba.com/hornets/news/hornets_acquire_jack_anderson_2010_11_20.html. Consultado o 2010-11-21.
- ↑ "New Orleans Hornets Trade Jarrett Jack To Golden State Warriors". Rantsports.com. 2012-7-11. http://www.rantsports.com/courtcrusades/2012/07/11/new-orleans-hornets-trade-jarrett-jack-to-golden-state-warriors/. Consultado o 2012-7-11.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||