Leandro Barbosa
| Washington Wizards – No. 28 | |
| Escolta / Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de novembro de 1982 (30 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 88 kg (194 lb) |
| Salario | $1.229.255 (2012-13) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 28
Escollido por San Antonio Spurs |
| Carreira | dende 2001 |
| Historial de equipos | |
| Palmeiras (1999–2001) Tilibra/Bauru (2001–2003) Phoenix Suns (2003–2010) Toronto Raptors (2010–2012) Flamengo (2011) Indiana Pacers (2012) Boston Celtics (2012–2013) Washington Wizards (2013–presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| Mellor Sexto Home da NBA (2007) | |
| Información en nba.com | |
Leandro Mateus Barbosa, nado o 28 de novembro de 1982 en São Paulo, é un xogador profesional brasileiro de baloncesto que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Barbosa foi seleccionado na 28ª posición do Draft da NBA de 2003 polos San Antonio Spurs, pero os seus dereitos foron adquiridos polos Phoenix Suns nun traspaso a cambio dunha futura elección protexida de primeira rolda. Barbosa posúe o marca máis alta dos Suns de puntos anotados por un rookie no seu primeiro partido coma titular, con 27 puntos o 5 de xaneiro de 2004 contra os Chicago Bulls.[1] Tamén posué o récord de triplas anotadas por un rookie en partidos consecutivos, cando anotou polo menos unha tripla durante dez partidos seguidos dende o 2 de xaneiro ó 19 de xaneiro.[1]
Durante a tempada 2006-07, Barbosa acadou 18.1 puntos, 2.7 rebotes, 4.0 asistencias e 32.7 minutos por partido, malia salir dende o banco.[2] Isto fíxolle ser elixido Sexto Home da Tempada da NBA.
O 20 de febreiro de 2009, anotou 41 puntos, a anotación máis alta da súa carreira, contra os Oklahoma City Thunder.
Despois sería traspasado ós Toronto Raptors xunto a Dwayne Jones a cambio de Hedo Türkoğlu. Durante a súa estancia en Toronto, Barbosa aumentou a súa anotación con respecto á súa derradeira tempada en Phoenix. Durante a tempada 2011-12, foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft. Alí se reuniu co seu antigo compañeiro nos Suns Louis Amundson, e os dous axudaron a Indiana a chegar á segunda rolda dos playoffs onde perderon contra os Miami Heat.
O 18 de outubro de 2012, Barbosa asinou cos Boston Celtics.[3]
O 21 de febreiro de 2013, Barbosa foi traspasado ós Washington Wizards xunto a Jason Collins a cambio de Jordan Crawford.[4]
Estatísticas NBA [editar]
Tempada regular [editar]
| Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2003-04 | Phoenix | 70 | 21.4 | .447 | .395 | .770 | 1.8 | 2.4 | 1.3 | 0.1 | 7.9 |
| 2004-05 | Phoenix | 63 | 17.3 | .475 | .367 | .797 | 2.1 | 2.0 | 0.5 | 0.1 | 7.0 |
| 2005-06 | Phoenix | 57 | 27.9 | .481 | .444 | .755 | 2.6 | 2.8 | 0.8 | 0.1 | 13.1 |
| 2006-07 | Phoenix | 80 | 32.7 | .476 | .434 | .845 | 2.7 | 4.0 | 1.2 | 0.2 | 18.1 |
| 2007-08 | Phoenix | 82 | 29.5 | .462 | .389 | .822 | 2.8 | 2.6 | 0.9 | 0.2 | 15.6 |
| 2008-09 | Phoenix | 70 | 24.4 | .482 | .375 | .881 | 2.6 | 2.3 | 1.2 | 0.1 | 14.2 |
| 2009-10 | Phoenix | 44 | 17.9 | .425 | .324 | .877 | 1.6 | 1.5 | 0.5 | 0.3 | 9.5 |
| 2010-11 | Toronto | 58 | 24.1 | .450 | .338 | .796 | 1.7 | 2.1 | 0.9 | 0.1 | 13.3 |
| 2011-12 | Toronto | 42 | 22.5 | .436 | .360 | .835 | 1.9 | 1.5 | 0.9 | 0.2 | 12.2 |
| 2011-12 | Indiana | 22 | 19.8 | .399 | .424 | .758 | 2.2 | 1.5 | 0.9 | 0.0 | 8.9 |
| 2012-13 | Boston | 41 | 12.5 | .430 | .383 | .756 | 1.1 | 1.4 | 0.4 | 0.1 | 5.2 |
| Total | 629 | 23.8 | .460 | .391 | .821 | 2.2 | 2.4 | 0.9 | 0.1 | 12.0 |
Playoffs [editar]
| Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2004-05 | Phoenix | 12 | 9.7 | .343 | .400 | .500 | 1.4 | 1.0 | 0.2 | 0.0 | 2.5 |
| 2005-06 | Phoenix | 20 | 31.6 | .470 | .391 | .862 | 1.6 | 2.7 | 0.8 | 0.2 | 14.2 |
| 2006-07 | Phoenix | 11 | 31.7 | .405 | .305 | .718 | 3.5 | 2.2 | 1.1 | .2 | 15.8 |
| 2007-08 | Phoenix | 5 | 28.6 | .345 | .222 | .909 | 4.0 | 1.8 | 0.6 | 0.0 | 10.4 |
| 2009-10 | Phoenix | 16 | 15.6 | .417 | .343 | .708 | 1.3 | 1.3 | 0.3 | 0.1 | 7.2 |
| 2011-12 | Indiana | 11 | 20.3 | .370 | .150 | .500 | 2.2 | 1.3 | 0.4 | 0.1 | 5.7 |
| Total | 75 | 22.9 | .417 | .322 | .764 | 2.0 | 1.8 | 0.6 | 0.1 | 9.6 |
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Leandro Barbosa: Bio". NBA.com. http://www.nba.com/playerfile/leandro_barbosa/bio.html. Consultado o 6 de decembro de 2010.
- ↑ "Leandro Barbosa Info Page". NBA.com. http://www.nba.com/playerfile/leandro_barbosa/index.html. Consultado o 6 de decembro de 2010.
- ↑ Celtics sign Barbosa
- ↑ "Celtics Acquire Jordan Crawford". NBA.com. 2013-02-21. http://www.nba.com/celtics/news/press_release/celtics-acquire-jordan-crawford. Consultado o 2013-02-22.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||