Josh McRoberts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josh McRoberts
Josh McRoberts 2010.jpg
Charlotte Bobcats – No. 11
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 28 de febreiro de 1987 (27 anos)
Flag of Indiana.svg Indianápolis, Indiana
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 109 kg (240 lb)
Instituto Carmel High School
Información da carreira
Universidade Duke
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 37

Escollido por Portland Trail Blazers

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2007-2008)
Indiana Pacers (2008-2011)
Los Angeles Lakers (2011-2012)
Orlando Magic (2012-2013)
Charlotte Bobcats (2013-presente)
Información en nba.com

Joshua Scott McRoberts, nado o 28 de febreiro de 1987 en Indianapolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Charlotte Bobcats da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 22 de marzo de 2007, McRoberts declarouse elixible para o Draft da NBA de 2007.[1] Foi elixido no Draft, o 28 de xuño de 2007, polos Portland Trail Blazers na 37ª posición.

O 9 de xaneiro de 2008, McRoberts foi asignado aos Idaho Stampede, o afiliado dos Trail Blazers da NBA Development League.[2] Tras estar cos Stampede preto dun mes, McRoberts foi chamado de volta polos Trail Blazers.[3]

O 26 de xuño de 2008, na noite do Draft da NBA de 2008, McRoberts foi traspasado aos Indiana Pacers, xunto a Brandon Rush e Jarrett Jack, a cambio da 11ª elección Jerryd Bayless e Ike Diogu.[4]

O 14 de decembro de 2011, asinou un contrato de dous anos e 6 millóns de dólares cos Los Angeles Lakers.[5]

O 10 de agosto de 2012, McRoberts foi traspasado ós Orlando Magic como parte do traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[6]

O 21 de febreiro de 2013, McRoberts foi traspasado ós Charlotte Bobcats a cambio de Hakim Warrick.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]