Eumetazoa
| Eumetazoos | ||||
|---|---|---|---|---|
Bolinopsis infundubulum é un eumetazoo |
||||
| Clasificación científica | ||||
|
||||
| Ramas e filos | ||||
Os Eumetazoos ou (Eumetazoa) son os animais que presentan tecidos propiamente ditos; comprenden a totalidade dos metazoa, coa única excepción dos Parazoa (as esponxas, nas que en lugar de tecidos existe unha organización similar a unha colonia), os extintos Archaeocyatha, os Phagocytellozoa ou Placozoos, e os Mesozoos.
Índice |
[editar] Características
Os eumetazoa caracterízanse por ter capas xerminativas, como son o ectodermo, endodermo e opcionalmente mesodermo, por formar auténticos tecidos a partir da especialización celular, pola posesión de órganos, e por ter unha cavidade dixestiva limitada por un orificio bucal, que pode perderse por adaptación ao parasitismo.
Dentro dos eumetazoa, a maioría pertence a rama dos Bilateria. Fóra deste só contan dous filos que presentan simetría radial, carecen de órganos propiamente ditos e teñen cavidades dixestivas cunha soa abertura, que cumpre funcións tanto de inxestión como de excreción. Estes son os Cnidaria, (que abarca as Anémonas, os corais e as medusas) e os Ctenophora.
Os Bilateria, pola súa banda, presentan simetría bilateral, órganos diferenciados e un corpo triploblástico, coas tres capas xerminativas ben diferenciadas.
[editar] Clasificación
- Eumetazoa
- Radiata, Diblastica, Diploblastica, Coelenterata
- Cnidaria
- Ctenophora
- Bilateralia, Triblastica, Triploblastica
- Protostomia
- Lofoforados
- Deuterostomia
- Radiata, Diblastica, Diploblastica, Coelenterata
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Bilateria. Tree of Life web project, US National Science Foundation. 2002. 6 Jan 2006. (en inglés)
- Invertebrates and the Origin of Animal Diversity (en inglés)
- Metazoa: the Animals (en inglés)