Espermatóforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apareamento do insecto folla Phyllium siccifolium. A bóla branca na parte inferior da imaxe é un espermatóforo.

Un espermatóforo é unha cápsula ou masa creada polos espécimes machos de varios invertebrados, como, por exemplo, os insectos ortópteros da familia dos tetigónidos ou tetigoníidos (Tettigoniidade), que conteñen espermatozoides, e que se introduce integralmente no órgano sexual feminino (oviduto) durante a cópula. Ademais dos espermatozoides, os espermatóforos poden conteren nutrientes para a femia, en cuxo caso se denominan agasallo nupcial, aínda que recentes investigacións indican que o valor destes nutrientes é moi baixo.[1] [2] Unha hipótese alternativa da utilidade do proceso de comer o espermatóforo impide unha cópula posterior da femia, dando así aos espermatozoides do macho máis tempo para fertilizarem os óvulos.

Algúns vertebrados tamén se reproducen a través de espermatóforos. Os machos de moitas especies de salamántigas e lagartos crean espermatóforos, os cales as femias poden elixir tomalos ou non, dependendo do éxito do cortexo previo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nina Wedell, Tom Tregenza & Leigh W. Simmons (2008): "Nuptial gifts fail to resolve a sexual conflict in an insect", BMC Evolutionary Biology, 8, p. 204.
  2. Peter D. Sozou & Robert M. Seymour (2005): "Costly but worthless gifts facilitate courtship", Proceedings of the Royal Society B, 272, nº 1575, pp. 1877–1884.