Cefalotórax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama dun malacostráceo. O cefalotórax inclúe o céfalon e o tórax.

O cefalotórax, do grego κεφαλή kephalé, "cabeza" e θώραξ thórax, "tórax", é a parte do corpo dos crustáceos e arácnidos formada pola unión da cabeza e o tórax nunha única unidade funcional, perfectamente distinguíbel do abdome.[1]

Nos crustáceos, nomeadamente nos decápodos, adoita denominarse pereion, que é un tipo de cefalotórax cuberto por un caparazón,[2] no cal hai, en xeral, un par de ollos, dous pares de antenas, tres de pezas bucais e cinco de patas.

Porén, o termo cefalotórax non debería usarse para designar a parte anterior do corpo dos arácnidos, xa que non é homóloga do cefalotórax dos crustáceos; o termo apropiado é o de prosoma.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eldra Pearl Solomon, Linda R. Berg & Diana W. Martin (2004). «Tha animal kingdom: an introduction to animal diversity». Biology. Cengage Learning (7th ed.). pp. 534–549. ISBN 978-0-534-49276-2. 
  2. Andrew J. Martinez (2003). «Arthropoda (crabs, shrimps, lobsters)». Marine Life of the North Atlantic: Canada to New England. Aqua Quest Publications (3rd ed.). pp. 144–175. ISBN 978-1-881652-32-8.