Coanozoos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coanozoos
Cronoflagelado2.jpg

Esquema dun coanoflaxelado sp..

Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Protista
Sen rango: Opisthokonta
Phylum: Choanozoa
Clases

Os coanozoos (Choanozoa, do (Grego: χόανος (choanos) = "embude" + ζῶον (zōon) = "animal") é o nome dun filo de protistas relacionado cós animais e cós fungos. En base a estudos moleculares, Choanozoa se inclúe no supergrupo de eucariontes Opisthokonta xunto con Animalia e Fungi.[1] [2] Un sinónimo de Choanozoa é Mesomycetozoa, que significa "entre fungos e animais", pero non debe confundirse con Mesomycetozoea, que é unha clase.

O nome de Opisthokonta (opistoconto) alude a que o flaxelo, único cando está presente, ocupa unha posición posterior, avanzando a célula có flaxelo detrás, como se observa nos espermatozoides dos animais e ao revés que na maioría dos protistas, que son acrocontos. É un dos detalles que permiten unir aos animais, coanozoos e fungos nun grupo maior chamado opistocontos como pode comprobarse no seguinte cladograma:

   Unikonta   

Amoebozoa


   Opisthokonta   

   

Animalia


   Choanozoa   
   

Choanoflagellatea



Corallochytrea



Mesomycetozoea



Cristidiscoidea




   

Fungi




Os coanozoos permiten facernos una idea de como empezou a evolución dos verdadeiros animais pluricelulares (reino Animalia) a partir dos protistas. De feito a comparación de xenes e proteínas e o estudo da ultraestrutura, permitiron confirmar que un dos grupos dos coanozoos, os coanoflaxelados son, evolutivamente falando, o grupo irmá dos animais verdadeiros. Algúns especialistas tenden ultimamente a incluílos no Reino Animal, como o filo máis basal, dándolle o nome de Choanozoa (Coanozoos), no lugar de incluílos no Reino Protista.

[editar] Bibliografía

  1. Eichinger, L., Pachebat, J.A.; Glöckner, G.; Rajandream, M.A.; Sucgang, R.; Berriman, M.; Song, J.; Olsen, R.; Szafranski, K.; Xu, Q.; Outros, (2005) The genome of the social amoeba Dictyostelium discoideum. Na revista Nature, volume 435, número 7038, páxinas 43-57 [1]
  2. Steenkamp, E.T., Wright, J.; Baldauf, S.L.(2006) The Protistan Origins of Animals and Fungi. Na revista Molecular Biology and Evolution, volume 23, número 1, páxinas 93-106 [2]

[editar] Véxase tamén

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Coanozoos
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas