Exoesqueleto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O exoesqueleto é o esqueleto externo continuo que recobre toda a superficie dos animais do filo artrópodos (arácnidos, insectos, crustáceos e outros grupos relacionados), onde cumpre unha función protectora e outra mecánica, proporcionando o sostén necesario para a eficacia do aparato muscular. Tamén se chama exoesqueleto á base, frecuentemente mineralizada, que segregan os corais (clase Anthozoa do filo Cnidaria).

Cabeza de formiga

[editar] O exoesqueleto dos artrópodos

O exoesqueleto é unha cuberta externa producida pola actividade secretora das células epidérmicas. O exoesqueleto está composto polo polisacárido quitina, un polímero formado por cadeas rectas e simples (non ramificadas) de N-acetil-2-D-glucosamina, un monosacárido que inclúe nitróxeno na súa composición. Nalgúns casos o exoesqueleto aparece calcificado, reforzado pola aposición de carbonato cálcico; é o caso de moitos crustáceos, como os caranguexos ou as langostas. O exoesqueleto serve tamén de depósito de produtos de excreción, como a guanina, o que é a veces causa de cores vivas ou brillo metálico, como se observan en moitos artrópodos.

O exoesqueleto é realmente continúo, pero aparece estruturado en zonas engrosadas (escleritos) que se articulan por liñas ou zonas onde é menor o espesura. En artrópodos de vida aérea, como os insectos ou os arácnidos, o exoesqueleto continúase cara ás cavidades respiratorias (pulmóns ou traqueas) alí onde estas se abren ó exterior, tapizándoas.

Algunhas arañas inxectan fluídos ás súas presas para disolver os órganos internos, mantendo o exoesqueleto

O exoesqueleto favorece a fosilización, especialmente a de formas mariñas, como crustáceos ou trilobites, que frecuentemente o presentan mineralizado.

[editar] Ecdise

Momentos da muda do cangrejo Callinectes sapidus (W.P.Hai, 1904)

O crecemento dos artrópodos require que se desprendan periodicamente do seu esqueleto externo, fenómeno ó que nos referimo como muda ou ecdise. Cando chega o momento o animal pasa a un estado de quiescencia (repouso), durante o cal afrouxa a consistencia das partes internas da cutícula, á vez que a epiderme, que está debaixo, prepárase para a síntese e secreción dos compoñentes da nova cutícula. Por un aumento da presión interna, ou ás veces por outro mecanismo, desgárrase a vella cutícula e o animal realiza os esforzos necesarios para se desprender dela á vez que segrega a nova. Cando sae áchase nun estado de debilidade e a súa consistencia é branda. Nun prazo máis ou menos breve a nova cuberta endurece.

A ecdise afecta, naturalmente, aos recubrimentos das cavidades internalizadas, de orixe ectodérmico (os dous extremos do tracto dixestivo e, en artrópodos aéreos, as traqueas ou pulmóns).

A ecdise non atinxe soamente aos artrópodos, senón aos outros filos dotados de cutícula cos que están emparentados, e que conforman con eles os ecdisozoos.

Ferramentas persoais