Nemertinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nemertinos
(Nemertea)
Lineus geniculatus coa probóscide evaxinada
Lineus geniculatus coa probóscide evaxinada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Nemertea
Schultze, 1851
Clases[1]
Sinonimia
  • Nemertini
  • Nemertinea
  • Rhyncocoela [2]
Parborlasia corrugatus.

O dos nemertinos (Nemertea) e un filo que agrupa animais invertebrados de forma alongada e algo aplanada, motivo polo cal recibiron o nome de vermes cinta,[3] e caracterizados por posuiren un órgano característico, a probóscide ou trompa, evaxinable.

O se nome deriva do grego Nemertes, que era unha das mitolóxicas Nereidas, fillas de Nereus (Νηρεύς) e de Doris (Δωρίς), una Oceánide (ninfa mariña)

Os nemertinos, en xeral, miden menos de 20 cm de longo, pero o seu tamaño pode oscilar entre os 5 mm e máis de 30 m de lonxitude, como é o caso do Lineus longissimus que se pode atopar, entre outros sitios, na costa galega. Pero existen especies de ata 50 m ou 60 m de lonxitude, o que faría destes exemplares os de maior lonxitude do mundo.

Son de vida libre, acuáticos, a maioría mariños, cun pequeno número de especies dulciacuícolas e outro aínda menor de hábitos terrestres.[4] Outros xéneros ben coñecidos son Prostoma e Geonemerfes.

O tipo comporende maís de 1.400 especies vivas,[5] distribuídas en dúas clases, Anopla e Enopla.

O grupo dos Nemertea tamén recibe outras denominacións sinónimas, que están sendo progresivamente abandonadas como son Nemertina, Nemertinea, Nemertini ou Rhynchocoela.

Sistema tegumentario[editar | editar a fonte]

Toda a superficie do corpo esta cuberta por cilios. A parede do corpo está máis organizada que nos platihelmintos, con menos tecido parenquimático e con musculatura superior.

A pel consta dunha epiderme externa formada por epitelio columnar ciliado que segrega moco, e unha derme laxa e densa interna de tecido conectivo.

Sistema nervioso[editar | editar a fonte]

Consiste nun cerebro de 4 ganglios que rodean o rincocele e dous pares de cadeas nerviosas principais que discorren ventralmente; poden presentar cordóns nerviosos lonxitudinales adicionais. A epiderme posúe receptores ciliados individuais, en grupos e invaxinados en sucos cefálicos; pénsase que funcionan na recepción táctil e química. Posúen ollos semejantes aos das planarias e en número de dous a centos deles. Son fototacticamente negativos.

Sistema circulatorio[editar | editar a fonte]

O sistema circulatorio é pechado. Dous vasos lonxitudinais corren a cada lado do tubo dixestivo interconectados anterior e posteriormente por espazos expandidos. Os vasos maiores son contráctiles, aínda que de maneira irregular; e o fluxo sanguíneo a miúdo é invertido. O sangue contén amebocitos e pigmentos de función incerta.

Aparello dixestivo[editar | editar a fonte]

O aparello dixestivo é completo, tubular, e consiste en boca, cavidade bucal, esófago, estómago glandular, intestino con divertículos laterais e ano.

Probóscide e alimentación[editar | editar a fonte]

Probóscide con estilete do nemertino "armado" Amphiporus ochraceus.
Representación esquemática dunha célula flamíxera e outras estruturas asociadas.

O órgano máis característico e peculiar dos nemertinos é a probóscide ou trompa, que presenta as seguintes características:

  • Encóntrase dentro dunha cavidade tubular (rincocele), unha cavidade chea de líquido que algúns autores interpretan como un auténtico celoma; o rincocele ábrese dorsalmente respecto á boca e esténdese a case toda a lonxitude do corpo.
  • É carácter primitivo a independencia da probóscide do tubo dixestivo no caso de Anopla, os primitivos, pero segundo o grupo evoluciona cara a Enopla prodúcese a conexión entre a probóscide e o tubo dixestivo .
  • Algunhas especies posúen un estilete velenoso na punta.
  • A probóscide dispárase por presión hidrostática, evaxinándose no proceso; logo, un músculo retractor devolve a probóscide á súa vaíña.

Son exclusivamente carnívoros e capturan as súas presas, outrois invertabrados, pola noite, utilizando as súas longas probóscides. As especies con estilete velenoso, pinchan á presa e liberan unha neurotoxina que as paraliza; as especies sen estilete enrolan a súa trompa ao redor da presa. En ambos os casos tragan a presa enteira.

Excreción[editar | editar a fonte]

A excreción realízase a través de protonefridios similares aos encontrados nos platihelmintos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A reprodución é normalmente sexual, sendo os individuos unisexuais. Fórmase gónadas ao longo de cada lado do corpo a partir de acios de células parenquimáticas que desenvoilve un curto conduto e un gonoporo. Os gametos son expulsados madiante contraccións musculares. En ocasións os nemertinos agrúpanse antes de que os gametos sexan postos, ou poden formar parellas, pero non posúen órganos copuladores. Os ovos fecundados poden ser deixados en galerías, unidos mediante cordóns dun xel adhesivo, ou á deriva no plancton. Algunhas especies poden reproducirse por fragmentación, literalmente estalando e esparexendo os fragmentos.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O patrón de desenvolvemento varía. Algunhas especies mariñas producen unha larva libre nadadora planctónica (pilidum). Esta larva carece de ano e presenta algunhas semellanzas ca larva planctónica de certos políclados (turbelarios), así como coas larvas trocóforas.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Viven en augas pouco profundas, na costa. Algunhas especies son de auga doce ou terrestres en solo húmido.

Cando son molestados, como medio de defensa os nemertinos estalan, fragmentándose en numerosas partes, que por rexeneración e en condicións favorables producen novos individuos.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

As relacións dos nemertinos con outros invertebrados son aínda dubidosas. No cladograma A considérase que os nemertinos comparten un ancestro acelomado cos platihelmintos, co que o ano e o aparello circulatorio serían logros evolutivos propios dos nemertinos na liña acelomada. No cladograma B, platihelmintos e nemertinos non forman un clado monofilético; os nemertinos compartirían cos protóstomos celomados a posesión de ano e o desenvolvemento dun aparello circulatorio.[4]

Triblásticos
Acelomados

Platyhelminthes


___

Nemertea




Protóstomos celomados



A
Triblásticos

Platyhelminthes




Nemertea



Protóstomos celomados




B

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): "Newmertinea", in Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.
  2. Scott, Thomas (1996): "Nemertini, Rhynchocoela, Nemertea, Nemertinea". In Concise Encyclopedia of Biology. Walter de Gruyter. pp. 815–816. ISBN 978-3-11-010661-9.
  3. J. Moore & R. Gibson "Nemertea". Encyclopedia of Life Sciences, p. 4.
  4. 4,0 4,1 Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  5. Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nemertinos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nemertinos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. e G. J. Brusca (2005): Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida