Quelicerados
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Quelicerados (Chelicerata) |
|||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Limulus |
|||||||
| Clasificación científica | |||||||
|
|||||||
| Clases | |||||||
Os quelicerados (Chelicerata, do grego χελή chelé, "pinza" e κέρας, κέρατος kéras, kératos, "corno") constitúen un subfilo do filo dos artrópodos (Arthropoda) que Se diferencian dos demais artrópodos, entre outras características, por careceren de antenas e de mandíbulas.
Teñen o corpo tipicamente dividido en dúas rexións ou tagmas, unha anterior denominada prosoma (ou cefalotórax) e unha posterior ou opistosoma (abdome).
O prosoma componse do acron presegmentario e 6 segmentos, e a miúdo está cuberto por un escudo dorsal. Presenta 6 pares de apéndices, todos eles multiarticulados e unirrámeos: quelíceros (apéndices bucais), pedipalpos e 4 pares de patas marchadoras. Teñen ollos compostos laterais e/ou ollos simples mediais.
O opistosoma, formado por até 12 segmentos e máis o telson, presenta apéndices moi diferenciados ou ben carece de eles, segundo os grupos.
Coñécense máis de 70.000 especies actuais de quelicerados, case todas pertenecientes á clase dos arácnidos.
Índice |
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Brusca, R. C. e G. J. Brusca (2005): Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 9788448602468.
- Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Chelicerata en Fauna Europaea. (en inglés) Consultada o 10/01/2012.
- Chelicerata en SIIT (en castelán) Consultada o 10/01/2012.
- Chelicerata en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 10/01/2012.
- Chelicerata en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 10/01/2012.