Cirrípedes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piña de percebes
Arneiros
Piña de percebes da madeira sobre a cuncha dun náutilo

Os cirrípedes (Cirripedia, Burmeister, 1834) son una infraclase de crustáceos mariños da infraclase dos maxilópodos denominados comunmente percebes pero que inclúen outras especies como o arneiro ou o percebe da madeira. A especie representativa é o percebe común (Pollicipes pollicipes).

Son de hábitos sésiles (viven fixos sobre o sustrato) polo que durante séculos foron considerados moluscos. Foi ó coñecer o ciclo biolóxico e estudar a morfoloxía das larvas, tipo cipris, cando se admitiu que se trataba de crustáceos cunha estrutura moi modificada.

Poden dispoñer dun pedúnculo, co que se fixan ó sustrato, ou non, pero en calquera caso teñen o corpo protexido por placas calcáreas.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

As larvas son sempre de vida libre, e atravesan por dúas fases larvarias:

  • Como larva nauplius, forma parte do zooplancto, flotando nas auguas arrastradas polo vento, as ondas e as correntes mariñas. Aliméntanse activamente e alcanzan o segundo estado ó cabo de dúas semanas.
  • Como larva cipris xa non se alimentan e son nadadoras activas.

Cando a larva cipris atopa un lugar adecuado, fíxase e inicia o proceso de metamorfose, dando lugar a un cirrípedo xuvenil, que posúe una morfoloxía consistente en seis placas externas a modo de armadura. Durante o resto das súas vidas, os cirrípedos son sésiles e aliméntanse por filtración, grazas ás correntes de auga creadas ó axitar os seus apéndices. Unha vez completada a metamorfose e alcanzada a forma adulta, seguen crecendo pero xa sen sufrir mudas, senón por adición de material á cuberta calcificada.

Como otros invertebrados, os cirrípedos son hermafroditas e alternan o estado masculino e feminino temporalmente. É dicir un mesmo individuo pode ser inicialmente macho e logo femia, ou viceversa.

Algúns cirrípedos, como o xénero Sacculina, son parasitos doutros crustáceos. Outros, como os chamados "amorfos" ou Verrucomorfa son comensalistas e viven sobre as espinas dos ourizos ou sobre a pel das baleas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Segundo WORMS a clasificación taxonómica dos cirrípedos é a seguinte:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cirrípedes
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cirrípedes