Hexápodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hexápodos
(Hexapoda)

Rango fósil: devónico temperán - actualidade [1]
Mosca da carne
Mosca da carne
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Latreille, 1825
Clases

Os hexápodos (Hexapoda) son un subfilo [2] (ou unha superclase, segundo os autores) de artrópodos, o que máis especies agrupa, xa que inclúe aos insectos (1 millón de especies),[3] así como a varios grupos de artrópodos estreitamente relacionados con estes, como os proturos, os dipluros e os colémbolos (unhas 9.000 especies entre os tres).[3]

O nome do grupo está formado polos elementos hexa- e -poda, tirados dos gregos ἕξα-, de héx, "seis", e -πoδα, poda, de πούς, ποδός poús, podós, "perna", respectivamente, e fai referencia á máis distintiva das súas características, a presenza dun tórax consolidado con tres pares de patas, unha cantidade sensibelmente inferior á da maioría dos artrópodos.

Características[editar | editar a fonte]

Os hexápodos teñen unha rexionalización (tagmose) característica, na que o corpo aparece dividido en tres rexións ou tagmas:[4] cabeza, tórax e abdome.

Especialmente significativa é a distinción de dúas partes detrás da cabeza, das cales só o tórax, formado por tres segmentos, leva outros tantos pares de apéndices locomotores.

O abdome está formado como máximo de once segmentos. En xeral, o abdome non leva apéndices, aínda que en certos grupos subsisten algúns (estilos dos dipluros, furcas dos colémbolos).

A respiración faise a través dun sistema de traqueas. A excreción realízase mediante os tubos de Malpighi, derivados do ectoderma.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Clasificación clásica[editar | editar a fonte]

(Tirada de Lecointre e Le Guyader)[5]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A filoxenia e, consecuentemente, a clasificación dos hexápodos foi e segue a ser controvertida. O principal problema radica basicamente na posición dos dipluros, xa que non parece haber dúbidas sobre a monofilia do clado Collembola+Protura (denominado ás veces Ellipura).

De considerarse que os dipluros están máis relacionados con colémbolos e proturos (cladograma A), aparece o clado Entognatha, que agruparía os hexápodos con pezas bucais parcialmente ocultas dentro da cápsula cefálica; o seu clado irmán sería Ectognatha, que inclúe só aos insectos, con pezas bucais expostas.[6]

Porén, hai evidencias (cercos filamentosos, ultraestrutura dos espermatozoides) de que os dipluros poden ser o grupo irmán dos insectos (cladograma B).[6] O clado denominaouse Euentomata.[7] O cladograma C sería unha solución de compromiso entre os cladogramas A e B, até que se resolvan as mencionadas incertidumes:[6]

Hexapoda
Entognatha
Ellipura
      

Collembola



Protura




Diplura



Ectognatha

Insecta



A
Hexapoda
Ellipura
      

Collembola



Protura



Euentomata

Diplura



Insecta




B
Hexapoda
Ellipura
      

Collembola



Protura




Diplura



Insecta



C

Dúas posíbeis clasificacións que se desprenden do cladograma C son as seguintes:


Clasificación 1:
Superclase Hexapoda


Clasificación 2;
Superclase Hexapoda

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaunt, M. W. e Miles, M. A. (2002): "An Insect Molecular Clock Dates the Origin of the Insects and Accords with Palaeontological and Biogeographic Landmarks". Molecular Biology and Evolution 19 (5): 748–761. Resume.
  2. Brusca & Brusca (2005).
  3. 3,0 3,1 Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. (Resume) Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618.
  4. Do latín científico tagma, e este do grego τάγμα tágma "corpo de tropas", "clase", "orde", derivado de τάσσω tássō, "ordenar", "colocar en orde".
  5. Guillaume Lecointre, Guillaume e Hervé Le Guyader (2006):Classification phylogénétique du vivant. 3ª ed. Paris: Éditions Belin. ISBN 2-7011-4273-3.
  6. 6,0 6,1 6,2 Tree of Life, Hexapoda.
  7. Systema Naturae 2000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hexápodos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hexápodos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]