Acron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acron[1][2] (tamén denominado ás veces prostomio)[3] é a sección corporal, de natureza non segmantaria, situada no extremo anterior do corpo dos artrópodos, antes do primeiro segmento cefálico, e que vai seguido dun número variábel de metámeros.

Este segmento é a sede dos distintos tipos de ollos (simples e compostos) e do protocerebro, e é común a todas as ordes de artrópodos.

É notábel o feito de que esta estrutura permanecese en gran parte sen cambios durante centos de millóns de anos, a partir dos trilobites, e talvez mesmo antes[Cómpre referencia].

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo acron deriva do grego antigo ἄκρν ákron 'cimeira', 'altura', 'extremo', 'punta', así chamado pola posición que ocupa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Acron". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  2. acron s m Zool Segmento apical da cabeza dos artrópodos. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  3. Non confundir co prostomio dos anélidos, nin co acromio da omoplata dos vertebrados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects. 4ª ed. Nova York / Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3.
  • Coronado, R. & Márquez, A. (1972): Introducción a la entomología. México D.F.: Editorial Limusa-Wiley. ISBN 96-8180-066-4.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
  • Martul, C. (1986): Ciencias Naturales. Zoología y Ecología. MaDRID: Ediciones Ingelek, S.A. ISBN 978-84-7708-022-0.
  • Nieto Nafria, J. M. & Mier Durante, M. P. (1985): Tratado de entomología. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0748-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.