Equinodermos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equinodermos
(Echinodermata)

Rango fósil: cámbrico - actualidade
Equinodermos. Lámina de Ernst Haeckel.
Equinodermos. Lámina de Ernst Haeckel.
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Deuterostomia
Filo: Echinodermata
Klein, 1734
Subfilos e Clases
Thymiosycia hilla = Holothuria hilla, un holoturoideo.

Os equinodermos (Echinodermata, plural latino do grego ἐχινόδερμα echinóderma, "pel con espiñas, de ἐχῖνος echínos, "espiña" δέρμα, -ατοσ dérma, -atos, "pel", echinodermata, da forma plural grega ἐχινοδέρματα).[1] son un filo de animais deuteróstomos mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.

Os equinodermos xurdiron no cámbrico, hai uns 600 millóns de anos,[2] e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes, contendo cerca de 7.000 especies viventes e arredor de 13.000 extintas.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Este grupo ten, ademais da súa particular simetría que o fai doado de recoñecer, unhas características propias que se poden resumir do seguinte xeito:

  1. Teñen un esqueleto interno (endoesqueleto) formado por ósiculos calcarios, que aparece recuberto por unha epiderme con cilios.
  2. O celoma e amplo e complexo e dá lugar ao sistema hemal e ao sistema ambulacral, característicos destes animais.
  3. Son deuteróstomos e enterocélicos, co mesoderma derivado do arquéntero e o blastoporo orixina o ano, características todas elas comúns aos cordados.
  4. A maioría dos membros deste grupo teñen un tubo dixestivo completo, con boca, esófago, intestino e ano.
  5. O sistema circulatorio tamén se chama sistema hemal e está formado por ringleiras de células con lagoas entre elas. Existe tamén un sistema perihemal que rodea ao anterior e que ten unhas cavidades chamadas seos e desenvolve un papel na nutrición do animal.
  6. O sistema nervioso non está centralizado nunha zona cerebroide (acefalia), e consta de tres aneis nerviosos dos que saen os nervios radiais cara aos distintos brazos.
  7. Carecen dun aparato respiratorio definido, só algúns presentan adaptacións para a respiración. Tamén carecen de sistema excretor.
  8. A reprodución é sexual, e son dioicos, con órganos reprodutores sinxelos e gonodutos simples.
  9. Teñen dous tipos de rexións: as cinco que posúen uns pés ou podios (ambulacro) e as que están no medio delas que carecen de podios (interambulacro).
  10. As larvas nacen con simetría bilateral que logo nos adultos se transforma en simetría radial e nalgúns casos aparece unha simetría radial secundaria.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Estrelas de mar (Asteroidea).
Paracentrotus lividus, un ourizo de mar moi abundante nas costas galegas (Echinoidea).

Segundo o ITIS[editar | editar a fonte]

Filo Echinodermata

Segundo o WRMS[editar | editar a fonte]

Filo Echinodermata

Segundo o NCBI[editar | editar a fonte]

Filo Echinodermata

Filoxenia[editar | editar a fonte]

O seguinte cladograma amosa as posibles relacións filoxenéticas dos principais grupos de equinodermos:[4] [5]

Echinodermata

Homalozoa




Helicoplacoidea




Edrioasteroidea *



Pelmatozoa

Crinoidea



Blastoiea



Eleutherozoa
  Asterozoa   

Somasteroidea




Asteroidea



Ophiuroidea




Echinozoa

Holothuroidea



Echinoidea








(*) Parafilético.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A galeguización do latín científico Echinodermata como equinodermos trátase dunha especie de tradución-adaptación, xa que existe un sinónimo latino Echinoderma, practicamente sen uso, e en todos os idiomas romances utilízanse termos equivalentes a equinodermos. É un caso similar ao de Cyclostomata / Cyclostomi que se adapta como ciclóstomos.
  2. Brusca & Brusca (2005).
  3. "Animal Diversity Web - Echinodermata". University of Michigan Museum of Zoology. http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Echinodermata.html. Consultado o 17/01/2013.
  4. Wray, Gregory A. 1999. Echinodermata. Spiny-skinned animals: sea urchins, starfish, and their allies. Version 14 December 1999 (under construction). http://tolweb.org/Echinodermata/2497/1999.12.14 in The Tree of Life Web Project, http://tolweb.org/
  5. Univerity of California, Museum of Paleontology - Systematics of the Echinodermata

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Equinodermos
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Equinodermos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida