Ecdisozoos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ecdisozoos
(Ecdysozoa)

Rango fósil: cámbrico temperán - actualidade
Heterometrus spinifer
Heterometrus spinifer
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
(sen clasif.) Opisthokonta
Reino: Animalia
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Ecdysozoa
Aguinaldo et al., 1997
Filos

Os ecdisozoos (Ecdysozoa) constitúen un suposto clado, ás veces considerado como un superfilo, de animais protóstomos,[1] que inclúe a artrópodos, (insectos, quelicerados, crustáceos, miriápodos), nematodos e varios pequenos filos máis, que teñen en común a posesión dunha cutícula externa (unha película resistente formada por secreción) e crecen por mudas ou écdise, que é o que lles dá o nome.[2]

Non foi definido formalmente até 1997, Aguinaldo et al., baseándose principalmente en árbores filoxenéticas construídas utilizando 18 xenes de ARN ribosómico,[3] aínda que a súa pertinencia fora suxerida xa hai máis de un século.

Un amplo estudo publicado en 2008 por Dunn et al. apoia firmemente a suxestión de que os ecdisozoos constitúen un clado, é dicir, un grupo composto por un atepasado común e todos os seus descendentes.[4]

O grupo tamén está apoiado nos caracteres morfolóxico e pode considerarse que inclúe a todos os animais que mudan o sue exoesqueleto (écdise). Os grupos que corresponden aproximadamente aos ecdisozoos foran propostos xa por Perrier en 1897 e por Seurat en 1920, baseándose só na morfoloxía.

Pero o grupo foi contestado por unha significativa minoría de biólogos. Algúns propuxeron grupos baseados nas técnicas taxonómicas máis tradicionales,[5] mentres que outros impugnaron a interpretación dos datos moleculares.[6] [7]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A sistemática clásica agrupaba os artrópodos coos anélidos no supergrupo Articulata, o cal está directamente emparentado cos moluscos, os nematodos e o resto de pseudocelomados quedando, neste esquema, filoxeneticamente afastados dos articulados porque non teñen celoma, non están metamerizados, etc.

Por tanto, o recoñecimiento dos ecdisozoos como supergrupo dentro dos protóstomos non foi aceptado por todos os zoólogos, reticentes a adoptar un cambio tan drástico na clasificación dos animais. Non hai acordo xeral sobre a monofilia dos ecdisozoos, aínda que recentes análises cladísticos parecen demostrala.

A partir da análise conxunta de datos morfolóxicos e moleculares de Zrzavý et al. (1998),[8] as relacións filoxenéticas dos ecdisozoos serían as seguintes:

Ecdysozoa
Cephalorhyncha

Priapulida



Kinorhyncha



Loricifera




Nematozoa

Nematoda



Nematomorpha



Panarthropoda

Onychophora



Tardigrada



Arthropoda





Por outra parte, a árbore filoxenética dos ecdisozoos suxerida por Dunn et al. (2008) é:


Deuterostomia


Protostomia
Ecdysozoa



Tardigrada




Nematoda



Nematomorpha






Priapulida



Kinorhyncha






Onychophora




Pancrustacea




Myriapoda



Chelicerata







Lophotrochozoa



Notas[editar | editar a fonte]

  1. Telford, M. J.; Bourlat, S. J.; Economou, A.; Papillon, D. e Rota-Stabelli, O. (abril 2008). "The evolution of the Ecdysozoa". Philos. Trans. R. Soc. Lond., B, Biol. Sci. 363 (1496): 1529–37. DOI:10.1098/rstb.2007.2243. PMC 2614232. PMID 18192181. http://rstb.royalsocietypublishing.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18192181.
  2. Do grego ἐκδύω ekdýō, "espir", "despoxar".
  3. "Evidence for a clade of nematodes, arthropods and other moulting animals". Nature 387 (6632): 489–493. 1997. DOI:10.1038/387489a0. PMID 9168109.
  4. "Broad phylogenomic sampling improves resolution of the animal tree of life". Nature 452 (7188): 745–749. 2008. DOI:10.1038/nature06614. PMID 18322464. http://www.nature.com/nature/journal/v452/n7188/abs/nature06614.html.
  5. Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla. 1995. ISBN 978-0-19-850682-9.
  6. "The evolutionary position of nematodes". BMC Evolutionary Biology 2: 7. 2002. DOI:10.1186/1471-2148-2-7. PMC 102755. PMID 11985779. http://www.biomedcentral.com/1471-2148/2/7.
  7. "The Ecdysozoa: Artifact or monophylum?". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 37: 211–223. 1999.
  8. Zrzavý, J., Mihulka, S., Kepka, P., Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285.