Placozoos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placozoos
(Placozoa)
Trichoplax adhaerens Schulze
Trichoplax adhaerens Schulze
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Parazoa
Filo: Placozoa
Grell, 1971
Clase: Trichoplacia
Orde: Trichoplaciformes
Familia: Trichoplacidae
Xénero: Trichoplax
Schultze, 1883 [1]
Especie: T. adhaerens
Nome binomial
Trichoplax adhaerens
Schultze, 1883
Distribución xeográfica de Trichoplax adhaerens.
Alimentación extracorpórea do Trichoplax adhaerens.

Os placozoos (Placozoa) son un pequeno filo descrito polo zoólogo alemán Franz Eilhard Schulze (1840 - 1921) a partir de pequenos animais planos e reptantes encontrados nun acuario mariño do Instituto de Zoología de Graz (Austria), aos que interpretou como novos animais relacionados coa teoría da plánula.

O filo está representado unicamente pola especie Trichoplax adhaerens, animal mariño de forma globosa cunha cavidade corporal chea de líquido a presión, xa que a outra especie citada, Treptoplax reptans, describiuse en 1896 e non se volveu ver desde entón.

Trichoplax adhaerens posibelmente sexa o animal de estrutura máis simple existente no noso planeta. Vive en augas mariñas e presenta o aspecto dunha torta minúscula composta por multitude de células. Trepa ás rochas e devora calquera alga que viva sobre elas. Aínda que é un organismo algo máis complexo que os protozoos, non posúe ningún órgano especializado.

Ao principio pensouse que se trataba da larva dalgún animal, pero na actualidade moitos autores pensan que estaría próximo aos cnidarios e aos ctenóforos.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Ao primeiro exemplar atopado Schulze chamoulle Trichoplax adhaerens, que etimoloxicamente significa "placa con pelos (cilios)[2] que se pega". Logo moitos autores puxeron en dúbida o seu significado, xa que nunca se atoparan na natureza, postulándose que fora unha fase larvaria (non un adulto) doutro animal (dunha medusa ou dunha esponxa), que entrara por casualidade no acuario.

En 1971 o protozoólogo Grell atopou o T. adhaerens libre na natureza, nos mares Mediterráneo e Vermello. Posteriormente Ivanov (1980) describiuno no mar Caspio. Polo tanto é una forma cosmopolita, co cal derrubouse a teoría de que fora unha larva.

O Trichoplax carece de órganos e da maioría dos tecidos, aínda que se cre que proviría de animais con tecidos e órganos. Presenta un corpo ameboide de 0,5 mm. Está composto dunhas poucas células que rematan nun cilio simple para o movimento, e que aparecen estratificadas en tres láminas.[3]

Adoita adherirse moi ben aos substratos e atópase habiualmente no medio intersticial. A súa nutrición é por absorción e téñense observado estruturas para atrapar o alimento. Produce óvulos e esperma, pero non ten órganos sexuais; tamén se ten observado reprodución asexual.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Relacións filoxenéticas[editar | editar a fonte]

Dada a súa simplicidade, ao principio creuse que os placozoos eran os animais actuais máis primitivos. Porén, ao descubrirse que as súas células epiteliais están conectadas por unións de proteínas extracelulares (desmosomas), condición achada en todos os animais excepto nas esponxas, sugxiriuse que os placozoos poderían ter aparecido máis tarde e que poderían estar na base dos eumetazoos, tal como se mostra no seguinte cladograma:[4]

Metazoa

Porifera


Eumetazoa

Placozoa




Cnidaria



Ctenophora



Bilateria





Tamén se suxeriu que os placozoos poderían estar na base dos bilaterais, tal como mostra o cladograma seguinte:[4]

Metazoa

Porifera


Eumetazoa

Cnidaria



Ctenophora




Placozoa



Bilateria





Se estas hipóteses son correctas, os placozoos máis que animais simples serían animais simplificados, derivados doutros máis complexos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. M. Eitel (2011): Trichoplax Schultze, 1883 WoRMS (World Marine Register fo Marine Species).
  2. Do grego θρίξ τριχός thíx trichós, "cabelo", "pelo" e πλάξ πλακός pláx plakós "mesa", "táboa".
  3. Placozoa Introdución aos placozoos, os amimais máis simples. Universidade de Berkeley. (en inglés)
  4. 4,0 4,1 Placozoa - University of California at Berkeley

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Placozoos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Placozoos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Edward E. Ruppert, R. S. Fox, R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology – A functional evolutionary approach. Capítulo 5. London: Brooks/Colen (7ª ed.). ISBN 0-03-025982-7.
  • Richard C. Brusca and G. J. Brusca (2002): Invertebrates. Capítulo 7. Sunderland (Mass.): Sinauer Associates (2ª ed.). ISBN 0-87893-097-3

Artigos científicos[editar | editar a fonte]

  • V. J. Birstein: On the Karyotype of "Trichoplax sp." (Placozoa) en Biologisches Zentralblatt. Fischer, Jena - Stuttgart 108.1989, S. 63. ISSN 0006-3304.
  • K. G. Grell, A. Ruthmann: Placozoa en F. W. Harrison, J. A. Westfall (Hrsg.): Microscopic Anatomy of Invertebrates. Bd 2. Wiley-Liss, Nova York 1991, S.13. ISBN 0-471-56224-6.
  • W. Jakob, S. Sagasser, S. Dellaporta, P. Holland, K. Kuhn, B. Schierwater: The Trox-2 Hox/Para Hox gene of "Trichoplax" (Placozoa) marks an epithelial boundary en Development Genes and Evolution. Springer, Berlín 214.2004, S.170. ISSN 0949-944X.
  • Y. K. Maruyama: Occurrence in the Field of a Long-Term, Year-Round Stable Population of Placozoa en Biological Bulletin. Laboratory, Woods Hole Mass 206.2004,1, S. 55. ISSN 0006-3185.
  • T. Syed, B. Schierwater: The evolution of the Placozoa - A new morphological model en Senckenbergiana lethaea. Schweizerbart, Stuttgart 82.2002,1, S. 315. ISSN 0037-2110.
  • P. Schubert: "Trichoplax adhaerens" (Phylum Placozoa) has cells that react with antibodies against the neuropeptide RFAmide enActa Zoologica. Blackwell Science, Oxford 74.1993,2, S.115. ISSN 0001-7272.
  • T. Ueda, S. Koga, Y. K. Marayama: Dynamic patterns in the locomotion and feeding behaviour by the placozoan "Trichoplax adhaerens" en BioSystems. North-Holland Publ., Amsterdam 54.1999, S.65. ISSN 0303-2647.
  • O. Voigt, A. G. Collins, V. Buchsbaum Pearse, J.S. Pearse, A. Ender, H. Hadrys, B.Schierwater: Placozoa — no longer a phylum of one en Current Biology. Cell Press, Cambridge Mass 14.2004, 22, S. R944. ISSN 0960-9822.

Citas[editar | editar a fonte]

Placozoa
  • K. G. Grell: Trichoplax adhaerens, F. E. Schulze und die Entstehung der Metazoen en Naturwissenschaftliche Rundschau. Wiss. Verl.-Ges., Stuttgart 24.1971, S.160. ISSN 0028-1050.
Treptoplax reptans
  • F. S. Monticelli: Treptoplax reptans n. g., n. s. en Rendiconti / Accademia Nazionale dei Lincei, Roma, Classe di Scienze Fisiche, Matematiche e Naturali. Rom 2.1893,5, S.39. ISSN 0001-4435.
Trichoplax adhaerens
  • F. E. Schulze: Trichoplax adhaerens n. g., n. s. en Zoologischer Anzeiger. Elsevier, Amsterdam-Jena 6.1883, S.92. ISSN 0044-5231.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida