Protóstomo
| Protóstomos | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un onicóforo é un animal protóstomo |
||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||
|
||||||||||
| Superfilos e Filos | ||||||||||
|
Os protóstomos o protostomados (Protostomia, en grego "primeira boca") son unha agrupación de Superfilos do Reino Animal. Xunto cos deuteróstomos, forman as dúas grandes polas en que se dividen os Bilaterais (Bilateria). A separación destas duas liñas evolutivas fundamentais é ancestral; durante a explosión cámbrica (hai uns 540 millóns de anos) aparecen xa filos protóstomos e deuteróstomos diferenciados.
A diferenza fundamental entre ambos radica na orixe embrionaria da boca. Nos protóstomos, a boca do adulto deriva do blastoporo embrionario (de aí provén o nome do grupo), mentres que nos deuteróstomos é de neoformación.
Índice |
[editar] Características
- O blastoporo embrionario orixina a boca do adulto, e xeralmente tamén o ano. O blastoporo alóngase, logo os labios se aproximan e sóldase a zona central da abertura deixando un orificio en cada extremo, que corresponden á boca e o ano. Polo tanto, o arquénteron (cavidade dixestiva embrionaria) deixa de ser un saco cego e se transforma nun tubo con entrada e saída.
- Segmentación espiral. A segmentación do ovo é moi característica: os planos de segmentación son oblicuos en relación ao eixe do ovo; os blastómeros fillos colócanse entre os blastómeros pais e quedan dispostos en capas horizontais, cós blastómeros en posición alternada, polo que se dispoñen en espiral.
- Segmentación determinada. Cada blastómero, separado experimentalmente, soamente orixina unha parte determinada do animal, a mesma que habería dado no caso de non haberse separado.
- Sistema nervioso hiponeuro. Sistema nervioso formado por ganglios cerebrais e cordóns nerviosos ventrais. Os ganglios que forman o cerebro sitúanse arredor do esófago, con conectivos periesofáxicos que os unen ás cadeas nerviosas que recorren ventralmente o corpo do animal, en posición inferior respecto ao tubo dixestivo.
- Formación do celoma por esquizocelia. O mesodermo (e o consiguiente celoma), se forma por proliferación dos blastómeros situados no punto de confluencia do ectodermo e el endodermo, en moitos casos do blastómero 4d.
- O celoma forma un par de sacos arredor del tubo dixestivo que con frecuencia se metameriza.
- Larva trocófora. Moitos filos protóstomos presentan unha larva de tipo trocoforiano (o asimilable a ela) no seu desenvolvemento.
Non todos os filos presentan todas estas característica á vez; por exemplo, os acelomados e pseudocelomados, carecen de celoma e estes últimos non teñen larvas trocóforas.
[editar] Sistemática e filoxenia
Actuais datos moleculares suxiren que os animais protostomos podense dividir en tres grupos principais:
- Ecdysozoa, por exemplo, artrópodos, nematodos
- Platyzoa, por exemplo, Platelmintos, rotíferos
- Lophotrochozoa, por exemplo, molusco s, anélidos
así como un menor número de taxóns de afinidade basal ou ambiguos.
[editar] Notas
[editar] Bibliografía
- Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pax.288 ISBN 84-368-0316-7